Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo supercomputador do CESGA permitirá chegar aos 2 petaflops de capacidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo supercomputador do CESGA permitirá chegar aos 2 petaflops de capacidade

Redacción
Publicado: 27/11/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Os presidentes da Xunta, CSIC e CESGA, o conselleiro de Economía e o alcalde de Santiago, na conmemoración do 25 aniversario/ Imaxe do Concello de Santiago.
Os presidentes da Xunta, CSIC e CESGA, o conselleiro de Economía e o alcalde de Santiago, na conmemoración do 25 aniversario/ Imaxe do Concello de Santiago.
O Centro de Supercomputación de Galicia celebrou a semana pasada o seu 25 aniversario (ou sexa, 25 anos na vangarda europea do cálculo de alto rendemento e, para entendernos, na punta de lanza das tecnoloxías que contribúen a facer un mundo mellor) e entre as moitas cousas que se deron a coñecer, con motivo da celebración, incluíronse novidades importantes vencelladas ao que sería o corazón do CESGA, o supercomputador Finisterrae II. Segundo se concretou, o Goberno galego e o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) acometerán o ano vindeiro o procedemento de licitación dun novo equipamento para que estea operativo en 2020.
O fornecemento do novo supercomputador implicará un investimento de arredor de 7,5 millóns de euros, que duplica o orzamento do Finisterrae II actual. A renovación, en termos concretos, é unha reposta á vertixinosa evolución das capacidades e posibilidades da tecnoloxía actual, unida a unhas demandas que medran parellas por parte da comunidade investigadora, dos centros tecnolóxicos e das empresas, sobre todo en materia de tratamento e análise de información (medran os datos a pasos axigantados e medran as potencialidades de uso deses datos).
A renovación do corazón do CESGA permitirá chegar aos 2 petaflops, que, para entendernos, sería como multiplicar por seis as capacidades de computación dos equipamentos actualmente operativos no centro compostelán. Precisamente será o procesado e a analítica da información a gran escala (Big Data) onde se agarda tirar máis rendemento das vindeiras tecnoloxías, impulsando ámbitos prioritarios de investigación galega: o xenoma humano, a predición do tempo e do comportamento dos océanos ou o deseño de novos materiais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?