Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R convértese en aceleradora de proxectos de emprendemento dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R convértese en aceleradora de proxectos de emprendemento dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/11/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

amtega_r_aceleradora.jpgA operador R presentou hoxe unha iniciativa para dar azos ás novas iniciativas de contidos dixitais: unha palestra para xerar emprego, fomentar o emprendemento, impulsar a innovación TIC galega e dar forma a mellores produtos e servizos. Estes son os grandes obxectivos da aceleradora Startups DiCo Challenge, que se vai desenvolver ao abeiro do programa DiCo Mindset da axencia autonómica AMTEGA, colaboradora do proxecto. A idea é que R sexa aceleradora, acubillo, lanzadeira, academia formativa e mesmo beneficiaria das achegas innovadoras. Buscarase, de feito, facer rendibles as propostas que xurdan de DiCo Challenge e atoparlles unha saída áxil e eficaz ao mercado, “mesmo con R como primeiro cliente”.
dico-challenge-startups-r.jpgSegundo fixeron saber hoxe na Coruña R e máis AMTEGA, que presentaron a iniciativa en PALEXCO, o programa comezará co lanzamento de 5 retos tecnolóxicos, un deles patrocinado pola Televisión de Galicia (TVG), que nos vindeiros días poderanse consultar na web da aceleradora. Previamente, un comité de avaliación seleccionará 20 candidatos do total de participantes que se presenten, e nunha segunda fase elixiranse os 5 proxectos definitivos.
Alfredo Ramos, director xeral de R salientou que o reto ao que se enfronta a operadora con esta palestra de innovación é “canalizar o talento e os proxectos innovadores, fomentar o emprendemento e que o sector poida aproveitar todo ese potencial para mellorar os seus produtos e servizos”.
Pola súa banda, Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, salientou a importancia desta iniciativa do programa DiCo Mindset da Xunta, “coa que se procura primeiramente xerar emprego no sector, animar a emprededores e potenciar a innovación tecnolóxica en Galicia para fornecer un mercado en alza e competir a todos os niveis dentro e fóra da comunidade”.
Entre as temáticas de retos e proxectos, o abano de ámbitos de actuación será amplo. Na folla de ruta contémplase a inclusión de iniciativas de gaming, publicidade e mercadotecnia, novos contidos e experiencias, formación innovadora, realidade virtual e aumentada, modelos de negocio, Internet das Cousas (IoT) e Intelixencia Artificial (IA), contidos sociais, apps Android, seguridade e propiedade, contidos enriquecidos, distribución, audiovisual… etc.
Os proxectos que sexan finalmente elixidos para ser acelerados serán obxecto de sesións formativas a desenvolver durante varios meses. Ademais contarán con cadanseu mentor e coa axuda económica da AMTEGA para afrontar os gastos cotiáns durante o desenvolvemento dos proxectos. Amais, os 5 retos seleccionados no programa Start Ups R_DiCo Challenge, que poderán utilizar o espazo Startups R habilitado na Cidade da Cultura, traballarán man a man coa operadora de cable galega e terán acceso á súa infraestrutura e modelo de negocio, recibindo adestramento permanente dos mentores e titores de R e beneficiándose do uso das instalacións e a visibilidade derivada de camiñar a carón da compañía de cable durante este tempo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?