Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: COGAMI e Política Lingüística achegan recursos en liña a prol da igualdade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

COGAMI e Política Lingüística achegan recursos en liña a prol da igualdade

Redacción
Publicado: 04/12/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

zbtwnebypq-bolechas-cogami.jpgA confederación COGAMI e a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaron a semana pasada unha unidade didáctica e unha páxina web, dispoñible en www.osbolechas.gal/cogami/, dirixidas a sensibilizar aos nenos sobre a necesidade de tratarnos uns a outros en igualdade malia as nosas diferenzas e as nosas características diversas. Estes recursos, que tamén están acubillados no portal www.lingua.gal de Política Lingüística, foron dados a coñecer no CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Diversidade funcional e cognitiva. A unidade didáctica e a web teñen como protagonistas aos personaxes da familia Bolechas.
Ate o colexio desprazáronse os propios protagonistas destes recursos, que apoiaron coa súa presenza activa este novo chamamento a prol do respecto pola diversidade. Durante a xornada desenvolvéronse tamén obradoiros de pintura, creación de chapas e os menores participaron en circuítos con obstáculos para o manexo de cadeira de rodas, ademais de actividades sensoriais, onde se lles taparon os ollos e tiveron que descubrir a través do olfacto ou tacto que obxectos tiñan diante.
Na cita, na que participaron 200 alumnas e alumnos do dito centro educativo, tamén interviñeron o secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, Valentín García, e o xefe territorial da Coruña da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Indalecio Cabana. Valentín García explicou “que aspiramos a que a lingua galega estea presente en todos os espazos da sociedade e, dunha maneira moi especial, no ámbito da educación en valores democráticos, como o respecto á diversidade”. Neste sentido, o secretario xeral de Política Lingüística considerou que “non hai mellor opción que convidar Os Bolechas, que tanto éxito teñen entre os nenos e nenas e que sempre falan en galego, a colaborar neste proxecto e en calquera que se oriente á educación no respecto e no valor da diversidade, unha tarefa que ten repercusións en diversos ámbitos: no da lingua, no da ecoloxía, no da igualdade de xénero e no aprecio a persoas con capacidades diferentes”.
Co secretario xeral e o xefe territorial estivo no acto o vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, así como o profesorado e o alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?