Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña avanza na convivencia coas mascotas cunha nova aplicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña avanza na convivencia coas mascotas cunha nova aplicación

Redacción
Publicado: 05/12/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20181205_delso_garcia_app_animais_orzamentos_participativos_2.jpgO Concello da Coruña estrea hoxe unha nova aplicación web optimizada para dispositivos móbiles ligada ao benestar animal e convivencia no termo municipal. Cidade amigable cos animais nace dunha das propostas veciñais gañadoras do programa de Orzamentos Participativos da edición de 2016, e supón a implantación dun novo espazo de consulta dixital que dá a coñecer as posibilidades que ofrece o municipio, tanto a nivel de instalacións públicas como de iniciativas privadas, para as mascotas; ademais de recursos de utilidade para as súas donas e donos, como información sobre trámites administrativos a realizar, servizos dispoñibles ou consellos. Tal e como explicou a titular de Medio Ambiente, María García, esta aplicación «sitúase na liña das políticas públicas impulsadas polo goberno municipal de apostar pola innovación, neste caso tecnolóxica, para avanzar no benestar animal, na tenza responsable e na convivencia pacífica».
coruna_gal_mascotas.jpgCidade amigable cos animais recolle os servizos que se ofrecen a nivel municipal, como as novas áreas de esparexemento canino, o programa de colonias felinas ou a centralización do sistema de adopción a través do Centro Municipal de Acollida, pero tamén dá a coñecer recursos privados destinados ao coidado de animais, como asociacións protectoras, clínicas veterinarias ou entidades de defensa da fauna salvaxe. Outra das novidades desta proposta é que conta cun mapa de establecementos de lecer ou con servizos á veciñanza que que admiten a entrada de mascotas, como cafeterías ou hoteis, que actualizarase como mínimo un par de veces ao ano.
María 20181205_delso_garcia_app_animais_orzamentos_participativos_1.jpgGarcía estivo acompañada na presentación pola responsable de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, e do veciño impulsor da idea, Rubén Pérez, representante da entidade animalista Libera, quen sinalou que a intención de Libera á hora de realizar a proposta foi, fundamentalmente, «achegar a cidadanía espazos amigables cos animais» ao que engadiu que «esta aplicación dá un novo paso na implicación da veciñanza coa tenza responsable, ademais de ofrecer a posibilidade de situar á cidade como un destino para as persoas que entenden e respectan aos animais de xeito integral».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?