Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Electrecos conciencian á cativada na reciclaxe de trebellos electrónicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Electrecos conciencian á cativada na reciclaxe de trebellos electrónicos

Redacción
Publicado: 07/12/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

electrecos_01.jpgCo obxectivo de sensibilizar á comunidade escolar na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), os Superheroes da reciclaxe recrutarán ao longo deste mes a máis de 2.300 escolares para conciencialos no da importancia de dar un tratamento axeitado a este tipo de refugallos.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de poñer en marcha unha campaña de sensibilización para reciclar os RAEE), que no mes de decembro visitará máis de 50 centros educativos de educación infantil e primaria, que se elevarán a 350 ao longo do actual curso escolar.
Esta mesma semana (o luns 3, martes 4 e mércores 5) tamén visitaron os seguintes centros: CEIP A Cristina (Carballo), CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz (Touro), CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade), CEIP do Carballal (Marín), CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro), EEI San Roque (Viveiro), CEIP Padre Feijoo (Allariz), CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas (Bande), CEIP Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova), CEIP Santa María (A Fonsagrada), CEIP de Cervo (Cervo), CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo), CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove), CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares (Vigo).
Para acadar que as novas xeracións de galegos teñan coñecemento da importancia da reciclaxe dos residuos e, concretamente, dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, trasladaráselle dunha maneira amena e moi didáctica a través das personaxes dos Bolechas, pautas e coñecementos para o correcto tratamentos dos residuos.
electrecos_02.jpgOs Bolechas (personaxes moi coñecidos para a cativada galega desde hai case dúas décadas) converteranse nos Electrecos, nos superheroes da reciclaxe de RAEE; polo que Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá e, como non, Ecochispa serán os encargados de recrutar superheroes da reciclaxe.
Contarán cunha gran variedade de materiais de todo tipo: contos, teatro, audiovisuais, xogos, unidades didácticas, cadernos de exercicios, adhesivos, folletos etc….co obxectivo de formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.
Xunto coas visitas presenciais, ponse en marcha unha área virtual con material informativo e didáctico, así como xogos e actividades para que todos os centros educativos da comunidade poidan traballar este tema.
Todas as propostas dos Electrecos van destinadas a ensinar, dunha forma didáctica pero divertida, como se deben tratar os RAEE. Trátase de que, mediante unha información adecuada e amena, a través do xogo, a experimentación e o traballo en equipo, as nenas e os nenos se convertan nos maiores defensores do planeta a través do correcto tratamento dos RAEE.
Unha ambiciosa acción destinada a xestionar mellor un tipo de residuos en aumento na nosa contorna, pero tamén para insistir na importancia da correcta xestión de todo tipo de residuos, nas boas prácticas de consumo e na responsabilidade que temos como individuos e como sociedade na sustentabilidade medioambiental.
Esta iniciativa (que conta coa colaboración e apoio de RAEE), está enmarcada dentro da campaña Oqueseenchufarecíclase, que ten por obxectivo concienciar á sociedade galega na necesidade de mellorar as prácticas de reciclaxe e tratamento deste tipo de residuos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?