Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aceleradora de R lanza os seus primeiros cinco retos tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aceleradora de R lanza os seus primeiros cinco retos tecnolóxicos

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/12/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

dico-challenge-startups-r-2.jpgA aceleradora de proxectos tecnolóxicos de R, Startups DiCo Challenge, xa comeza a facer ruído. A iniciativa, unha palestra de propostas de contidos dixitais para xerar emprego e impulsar a nosa innovación TIC, lanzou hoxe os seus primeiros cinco retos para emprendedores e empresas galegas: cinco desafíos sobre como enriquecer contidos deportivos, sobre aplicacións para Android TV, sobre contidos formativos e divulgativos innovadores, sobre información a gran escala (Big Data) aplicada ao consumo televisivo e sobre outras propostas tecnolóxicas abertas. As ideas xa se poden presentar a través do formulario habilitado na web da aceleradora, ata o 8 de febreiro.
Como lembraremos, a palestra Startups R DiCo Challenge foi presentada o pasado 27 de novembro na Coruña, nunha cita que tamén contou coa presenza a axencia autonómica AMTEGA, que tamén colabora na iniciativa (a través do programa DiCo Mindset). Segundo se fixo saber daquela, o obxectivo é que R sexa aceleradora, acubillo, lanzadeira, academia formativa e mesmo beneficiaria das achegas innovadoras. Buscarase, de feito, facer rendibles as propostas que xurdan de DiCo Challenge e atoparlles unha saída áxil e eficaz ao mercado, “mesmo con R como primeiro cliente”.
Respecto dos cinco primeiro retos que abrollan da aceleradora, están dirixidos a emprendedores e empresas novas ou consolidadas. O primeiro dos desafíos convoca ás nosas firmas innovadoras para achegar sistemas que enriquezan os contidos deportivos. “Trátase de lle tirar partido ás posibilidades dos datos e de Internet para conseguir experiencias intensificadas na contorna do deporte na pantalla: xogos, publicidade, sincronización con aplicacións, elección de cámara…”, informou R.
Respecto do segundo desafío, procura aplicacións para Android TV: tanto no que se refire á vertente de contidos xerados pola comunidade de usuarios (por exemplo, os vídeos compartidos) como no ámbito do gaming, os xogos e as competicións en streaming dende a tele.
O terceiro dos convites consiste nunha proclama a elaborar solucións para sermos quen de divulgar e formar ás persoas aproveitando todas as posibilidades do universo dixital: realidade aumentada, simulación tridimensional, audiovisual, videoxogos, televisión conectada, etc.
O cuarto reto, patrocinado pola Televisión de Galicia, consiste nun chamamento a desenvolver ferramentas baseadas nos datos a gran escala para o consumo televisivo. Con este convite, búscanse ideas para “recoller, ordenar e aproveitar os datos cara un consumo televisivo intelixente que nos permita tomar decisións informadas”, informan R e a TVG.
O quinto e último desafío é o chamado reto aberto, pensado para “os máis innovadores”, aos que non seducen os retos anteriores. A única condición que se esixe neste caso é que os proxectos acheguen “algo novo” no eido dos contidos dixitais (realidade aumentada, Internet das Cousas, aplicada a contidos dixitais, ferramentas de animación…)
Na web da aceleradora pode consultarse xa toda a información sobre os cinco retos de startups R DiCo Challenge, que se poden presentar ata o 8 de febreiro a través do formulario habilitado na páxina. Un comité de avaliación seleccionará, nunha primeira fase, 20 candidatos do total de participantes que se presenten, e nunha segunda elixiranse os 5 proxectos definitivos. Os seleccionados recibirán sesións formativas durante varios meses e terán á súa disposición cadanseu mentor e a axuda económica da AMTEGA para afrontar os gastos cotiáns durante o desenvolvemento dos proxectos. Ao tempo, os 5 retos seleccionados, que poderán tirar proveito do espazo startups R habilitado na Cidade da Cultura, traballarán man a man con R e terán acceso á súa infraestrutura e modelo de negocio, recibirán a formación e o acompañamento permanente dos mentores e titores de R e beneficiaranse, en palabras da compañía, “do uso das instalacións e a visibilidade derivada de camiñar a carón do operador galego durante este tempo.”

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?