Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Eduemprende Idea 2018 serve de mostra do futuro da innovación galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Eduemprende Idea 2018 serve de mostra do futuro da innovación galega

Redacción
Publicado: 12/12/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20181212condepomareduemprende2.jpgA Xunta puxo en valor hoxe os premios do concurso Eduemprende Idea 2018, que se entregaron na Cidade da Cultura, destacando que son un estímulo ao talento que é o que está a cambiar a economía e a forma de traballo nas empresas. Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participaron hoxe no acto no que incidiron na importancia de apostar polo talento e a creatividade porque marcarán o camiño de Galicia e o seu posicionamento no futuro.
Os representantes do Goberno autonómico resaltaron a calidade dos proxectos presentados a estes galardóns vinculados todos eles a sectores produtivos, lembrando a necesidade de seguir apoiando o emprendemento desde a base do sistema educativo para que a cultura emprendedora empece a xurdir desde as primeiras etapas educativas. De feito, sinalaron que con esta iniciativa da Xunta, o emprendemento se converte nunha materia máis da Formación Profesional. Estes premios posibilitan aos gañadores incorporarse a calquera dos viveiros de empresa da Consellería de Educación e contar co asesoramento do IGAPE para materializar as súas ideas de negocio.
Conde destacou o talento da mocidade galega apuntando á importancia da innovación para diferenciarse. Así mesmo, afirmou que o talento é a forza motriz da economía e, por iso, recordou que a Administración autonómica ten en marcha o programa Talento 2021 para captar novos profesionais para Galicia e para que os rapaces e rapazas conten coas ferramentas necesarias para desenvolver as súas capacidades. En palabras do titular de Economía, sen talento é imposible emprender en Galicia. Neste senso, recordou que a rede de aceleradoras StartIn Galicia é unha plataforma onde se desenvolven preto de 900 proxectos innovadores dos sectores estratéxicos da economía galega.
Para apoiar o talento e a innovación, Conde tamén puxo como exemplo a nova Estratexia galega de economía social que cun orzamento de 73 millóns fomentará a creación de 300 novas entidades e 3000 novos empregos. Dous dos proxectos gañadores optaron pola fórmula da cooperativa para emprender.
Pola súa banda a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou a importancia de «educar o espírito emprendedor desde as etapas máis temperás» e a responsabilidade da Administración de ofrecer as ferramentas necesarias para que os máis novos sexan capaces de converter as súas ideas en proxectos reais. Este é o caso das iniciativas recoñecidas hoxe cos Premios Eduemprende Idea 2018, uns galardóns que buscan estimular a participación activa do alumnado no deseño de iniciativas innovadoras e creativas, que favorezan o emprendemento e que capaciten para o desenvolvemento de proxectos empresariais.
«Queda claro que tedes capacidade e potencial sobrados para convertervos en emprendedores reais», afirmou Carmen Pomar en referencia ás alumnas e alumnos premiados, a quen desexou o mellor dos éxitos. Así mesmo a conselleira agradeceu a implicación do profesorado que axudou a dar forma aos proxectos, así como ás familias por exercer de soporte no día a día.

Os premiados

20181212condepomareduemprende.jpgUn total de 15 alumnos e alumnas recolleron hoxe o Premio Eduemprende Idea 2018 dos centros integrados de FP As Mercedes de Lugo e de FP Someso da Coruña; e dos IES de Valga, Montecelo (Pontevedra) e Rodeira (Pontevedra). Os proxectos galardoados foron: Radis Radón Innova Solución sobre a medición do radon; Suevia, un negocio de conservación, mantemento e restauración de estruturas metálicas; Processvet, un laboratorio de anatomía patolóxica veterinaria; Minerva, unha aplicación móbil e unha web onde deseñar camisetas personalizadas; Aura, unha cooperativa dedicada á estética e á imaxe de persoas con necesidades específicas; e Quantum Cines, unha cooperativa para instalar unha sala de cine e exhibición de eventos en Cangas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?