Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha aplicación móbil fará as funcións da tarxeta Millennium da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha aplicación móbil fará as funcións da tarxeta Millennium da Coruña

Redacción
Publicado: 13/12/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

coruna_millennium_proxima_img_1053.jpgA edil de Participación e Innovación Democrática da Coruña, Claudia Delso, e o concelleiro de Mobilidade Sustentable, Daniel Díaz Grandío, presentaron esta mañá o proxecto Coruña Millennium Próxima, unha aplicación que permitirá que a veciñanza poida efectuar o pagamento no servizo de transporte público urbano, así como a recarga da tarxeta moedeiro municipal, desde o seu propio teléfono móbil. A iniciativa propón axilizar o sistema de pagamento no autobús, ademais de axudar a aumentar a velocidade comercial do transporte público e a atención da administración á cidadanía desde unha perspectiva «acorde aos tempos, máis eficiente, áxil e tecnolóxica», segundo apuntou a edil.
A aplicación nace da fusión de dúas propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos do ano 2016. A primeira delas solicitaba, por unha banda, que o transporte público se puidese pagar dende o teléfono móbil, ademais de facilitar a recarga do cartón sen ter que realizar un desprazamento físico a un caixeiro ou unha oficina bancaria. A segunda iniciativa veciñal instaba a poder xestionar en liña a tarxeta, co obxectivo de poder solicitala ou consultar, desde o teléfono, tanto o saldo como como realizar a recarga de abonos pendentes.
coruna_millennium_proxima_img_1054.jpg«Estamos a falar dun proxecto complexo, impulsado desde a área de Innovación Tecnolóxica e no que o Concello investiu 60.000 euros», explicou Delso, quen destacou «a negociación e chegada a acordos tanto coa Compañía de Tranvías para a instalación dos dispositivos nos autobuses como con Abanca, responsable da pasarela de pago, para poder garantir a viabilidade da aplicación».
A aplicación Coruña Millennium Próxima comezará a vindeira semana o período de probas entre un grupo de persoas usuarias da liña de autobús 1A, na que se instalará un novo dispositivo para poder ofrecer este servizo. A previsión é que, a partires do mes de marzo, a aplicación poida estar dispoñible para a súa descarga gratuíta, para toda a cidadanía, en Google Play. O servizo poderase utilizar, polo momento, desde dispositivos Android con NFC.
«Calquera persoa, sexa residente ou non na Coruña, poderá ter a Millennium Próxima no seu móbil sen ter que acudir ás oficinas municipais, e poderá recargala sen pasar por un caixeiro. Tan só precisará realizar un rexistro previo na propia app», salientou Delso engadindo que «esta app introduce unha funcionalidade clave a medio-longo prazo, como é a identificación dixital. Grazas ao rexistro único, e mediante códigos QR, a idea do goberno é integrar a aplicación con outros servizos municipais e que a veciñanza poida utilizar tamén a aplicación cos usos da actual Millennium en BiciCoruña ou nas bibliotecas».
coruna_millennium_proxima_img_1055.jpgO responsable de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, explicou o funcionamento da app, que consistirá na aproximación do dispositivo móbil á canceladora dos autobuses, que efectuarán de inmediato a rebaixa no saldo da persoa usuaria. «Coruña Millennium Próxima replicará á tarxeta física. No momento da descarga da app, e tras a primeira recarga, a cidadanía poderá acceder, entre outras cuestións, á tarifa reducida do perfil xeral que ofrece a tarxeta, e que supoñen actualmente 0,85€ por viaxe, ou mesmo á realización de transbordos gratuítos», dixo Grandío, quen aseverou que, ao igual que a tarxeta física, a app «será personalizada e segura, e dará acceso a un perfil de tarifa concreto». A persoa usuaria poderá consultar na aplicación o estado do seu moedeiro, recargar o saldo, xestionar o seu perfil, facer as recargas de abonos pendentes, ou consultar, por exemplo, histórico de viaxes. Coruña Millennium Próxima tamén dará a posibilidade de recibir e personalizar as notificacións relevantes sobre incidencias no servizo de transporte ou da cidade, como o incidencias puntuais de paradas ou problema do tránsito da súa liña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?