Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo fortalece con Vietnam o seu Mestrado en Ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo fortalece con Vietnam o seu Mestrado en Ciberseguridade

Redacción
Publicado: 13/12/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_vietnam1.jpgA Universidade de Vigo vén de asinar un acordo de colaboración coa Universidade de Tecnoloxía de Ho Chi Minh City (Vietnam) para dar pasos conxuntos en materia de formación en ciberseguridade. Máis polo miúdo, o que se busca é establecer sinerxías para axilizar a mobilidade internacional dos estudantes locais do Mestrado en Ciberseguridade da UVigo e a UDC, así como a acollida de estudantes vietnamitas nas aulas dos campus vigueses. O acordo é froito do proceso de internacionalización no que está mergullado a institución académica galega. Foi asinado polo director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Íñigo Cuiñas, na cidade vietnamita de Ho Chi Minh, con representantes da universidade local.
Como dixemos, a cerna do acordo é a ampliación e impulso do Mestrado en Ciberseguridade, que arrancou neste curso con carácter interuniversitario, impartido pola EE de Telecomunicación de Vigo e a Facultade de Informática da Universidade da Coruña, nunha “aposta conxunta e estratéxica polo eido da seguridade informática”. A UVigo, para contextualizar o devandito convenio, lembra que outros dos piares do mesmo é o proxecto Erasmus+ LMPI, unha iniciativa na que están implicadas 18 universidades de seis países europeos e dous asiáticos co “obxectivo de mellorar a formación en protección tecnolóxica nas universidades obxectivo de Vietnam, Moldavia e Kazakhstán”. En concreto, o equipo da Universidade de Vigo, coordinado pola profesora Ana Fernández Vilas, encárgase das tarefas de definición e posta en marcha de programas de grao e máster en tres universidades de Vietnam: a de Tecnoloxía de Ho Chi Minh City, a Universidade de Agricultura de Hanoi e a Universidade de Tecnoloxía de Hanoi.
Estes son os alicerces sobre os que asenta a devandita alianza de titulación dupla para o Mestrado en Ciberseguridade, que se ratificou nunha xuntanza que reuniu a pasada semana en Ho Chi Minh City a todos os socios do proxecto LMPI. Nesta reunión Vigo estivo representada polo director da EET, Íñigo Cuiñas e polo profesor do centro Manuel Fernández Veiga.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?