Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tendas online Del Mar al Plato e Esturifari gañan os premios de AJE Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tendas online Del Mar al Plato e Esturifari gañan os premios de AJE Vigo

Redacción
Publicado: 13/12/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

delmaralplato.jpgDel Mar al Plato e Esturirafi son finalmente as iniciativas gañadoras da décimo terceira edición do premio ás empresarias e empresarios novos e á mocidade emprendedora, respectivamente, que organiza a asociación AJE Vigo e que foron desveladas hoxe. Como lembraremos, detrás de Del Mar al Plato están Borja Conejero e Elena Gainzaraín, fundadores dunha empresa que comercializa peixe e marisco fresco procedente (na súa meirande parte) da Ría de Vigo e capturado con artes de pesca sustentables. A cerna da iniciativa é unha tenda en liña dende a que venden a particulares e a restauradores, complementando a oferta con viños galegos, conservas e produtos gourmet.
Os gañadores do primeiro galardón recibiron un programa de formación na Escola de Negocios Afundación de IESIDE, valorado en máis de 3.000 euros; un iPad; un acceso á base de datos de Ardan durante un ano; un diagnóstico e dirección financeira, cortesía de INFI Consultores durante seis meses valorado en 4.000 euros; seis meses de asesoría laboral, fiscal e contable (Quattro Asesores) e seis meses de afiliación de balde a AJE Vigo.
esturirafi.jpgNa categoría de Mozo Emprendedor, o gañador foi a empresa Esturirafi, un proxecto de Ruth Abrain que empezou como un blog sobre vida ecolóxica, sustentable e saudable e que hoxe en día é unha tenda online de venda de produtos respectuosos co medio e promoción de proxectos ecofriendly. A gañadora recibiu un aloxamento gratuíto con mentoring nun viveiro de empresa da Zona Franca de Vigo; un acceso á base de datos de Ardan durante un ano; un iPad; un plan de viabilidade de Infi Consultores valorado en 1.700 euros, seis meses de asesoría laboral, fiscal e contable de Quattro Asesores e seis meses de afiliación gratis a AJE Vigo.
Dentro da categoría Mellor Empresario entregáronse dous accésits. O accésit de Innovación foi para Muutech, unha startup de Vigo liderada por Víctor Calvo, que ofrece solucións de seguimento para a industria que facilitan o control de sistemas de información e de produción.
O segundo accésit, o de Responsabilidade Social Empresarial foi outorgado a Lingoreta, un centro de logopedia, neuropsicoloxía, psiquiatría, terapia ocupacional e pedagoxía dirixido por Diana Lameiro. O seu principal servizo é a unidade de diagnóstico e intervención en TEA.
Os gañadores do accésit recibirán un bono formativo de 10 horas valorado en 390 euros nun seminario dun programa especializado de IESIDE, un servizo de asesoría laboral, fiscal e contable cortesía de Quattro Asesores así como tres meses de afiliación gratuíta a AJE Vigo.
O acto, ao que asistiron máis de 150 convidados, celebrouse na Confederación de Empresarios de Pontevedra coa presenza de numerosas autoridades como o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o delegado do Consorcio de Zona Franca de Vigo, David Regades; o director do IGAPE, Juan Cividanes; a subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o deputado provincial, Santos Héctor, entre outras representantes do mundo empresarial e social de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?