Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponteareas aposta polos terminais lixeiros de baixo consumo para axilizar a administración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponteareas aposta polos terminais lixeiros de baixo consumo para axilizar a administración

Redacción
Publicado: 13/12/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

benito_terminal_lixeiro.jpgO Concello de Ponteareas anunciou onte novidades relativas ao seu equipamento informático, que incluirá terminais lixeiros de baixo consumo para axilizar o traballo municipal. As novidades foron dadas a coñecer polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez, que tamén informou de que se vén de completar a renovación do Centro de Procesamento de Datos municipal (CPD) do Concello, unha actuación cuxo custo total é de 251.000 euros e que se dirixe a mellorar os sistemas de almacenamento e xestión da información do consistorio (dando cumprimento á lei 39/2015 de procedemento administrativo)”.
Segundo fixo saber o edil, “este segundo centro de procesamento pon fin á precariedade informática herdada de moitos anos atrás con equipamentos obsoletos e con procesamentos de información que non cumprían a legalidade”. Co novo recurso de xestión, engadiu, os datos municipais “gardaranse en dous lugares, na propia casa consistorial e no centro social, onde se atopan os servidores de respaldo”. Benito Márquez sinalou que “a partires de agora vanse xerar dúas copias de seguridade de tódolos documentos e, ademais, o Concello contará con máis capacidade de almacenamento de arquivos e correos”.
En termos máis concretos, fixo saber que o proceso de renovación atinxiu tamén aos computadores, o que se implicou que se desbotasen os PC físicos e se apostase por terminais lixeiros que permiten un aforro enerxético do 95% e que conectan directamente co centro de procesamento. A Concellería de Novas Tecnoloxías adquirirá cen terminais lixeiros que esixirán un menor gasto de mantemento e de enerxía: só 0,04 vatios, o 5% do que precisa un PC convencional. Por outra banda, o software dos novos terminais permite xestionar e actualizar os escritorios “de xeito centralizado”, reducindo o tempo e os custes de administración, mantemento e operación. O concelleiro tamén salientou a inclusión de escritorios virtualizados Citrix, que engaden un extra de seguridade e de mobilidade ás persoas usuarias: “Cos anteriores equipos informáticos era difícil poder eliminar o risco de perda, manipulación ou roubo da información almacenada localmente; a nova plataforma ofrece unha protección completa dos datos xa que residen en dous centros de procesamentos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?