Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo impulsará a formación TIC para os maiores a través do Servizo de Audiovisuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo impulsará a formación TIC para os maiores a través do Servizo de Audiovisuais

Redacción
Publicado: 14/12/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fotos_tic_2_.jpgA Deputación de Lugo está a blindar a súa política tecnolóxico-social en relación cos maiores da provincia, unha liña de traballo ata o de agora despregada pola Fundación TIC. Así o fixo saber hoxe o presidente da entidade provincial, Darío Campos Conde, durante o transcurso da Festa do Nadal celebrada na cidade de Lugo, onde tamén concorreu a alcaldesa Lara Méndez. En termos máis concretos, o titular da Deputación referendou e ratificou o compromiso cos maiores do Goberno que dirixe, un compromiso que se materializará en programas para o uso das novas tecnoloxías a través do novo Servizo de Audiovisuais.
Esta iniciativa porase en marcha co ano novo, substituíndo o labor da Fundación TIC, en proceso de disolución. “Potenciaremos de maneira sensible esta actividade para achegala aos 67 concellos da provincia”, dixo.
Campos Conde fixo este anuncio durante a Festa de Nadal, coa que rematou a encomenda da Deputación á Fundación TIC para xestionar esta actividade. Campos e Méndez compartiron a xornada cos usuarios do InLugo, na que puideron levar a cabo diferentes accións colectivas de lecer, como xogar aos bolos coa X-Box, cantar panxoliñas coa axuda de YouTube ou fotografase en diversas localizacións grazas ao croma. Ademais, levaron un recordatorio especial: unha imaxe de grupo na que pousaron todos os participantes na xornada xunto co presidente e a alcaldesa.
Darío Campos engadiu que “a integración da Fundación TIC na Deputación implica un proceso administrativo complexo que vai supoñer unha parada nesta actividade, aínda que agardamos retomala durante o primeiro trimestre de 2019, incluso incrementándoa. Tomamos esta decisión porque cremos firmemente na utilidade das novas tecnoloxías como ferramenta que axuda a mellorar a calidade de vida de todos os veciños da provincia, e moi especialmente dos máis maiores. En pleno século XXI son tan importantes as comunicacións por estrada como a comunicación a través das novas tecnoloxías”.
fotos_tic_1_.jpg20.000 solicitudes desde 2013
Desde a súa creación en 2013, os cursos e obradoiros para maiores rexistraron arredor de 20.000 solicitudes, “unha demanda que foi medrando de maneira considerable de ano en ano”. Segundo fixo saber Campos, isto reflíctese en datos como o feito de que no último trimestre de 2018 houbese máis solicitudes ca en todo 2015. “Nas enquisas de satisfacción que se fixeron desde a primeira tempada, a práctica totalidade dos usuarios amosou o seu desexo de repetir os cursos”, sinalou. Para dar resposta a esta demanda completouse a programación con talleres de reforzo.
O titular da Deputación tamén lembrou que dende 2016 duplicouse o número das actividades formativas máis solicitadas, que son as relativas ao uso básico do móbil e tableta ou de iniciación á Internet, así como os obradoiros de memoria e de estimulación cognitiva e funcional.
Seis anos cos maiores da provincia
O InLugo xurdiu en 2013 ao abeiro do programa InnovaTe, co-financiado nun 80% con fondos europeos e nun 20 % cos da Deputación. Unha vez rematado en marzo de 2015, a institución provincial asumiu o Plan con fondos propios a través dunha encomenda pola que a actividade pasou a ser xestionada pola Fundación TIC ata este 15 de decembro. Coa disolución da Fundación o 31 de decembro de 2018, a Deputación asumirá directamente esta actividade a través do novo Servizo de Audiovisuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?