Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bus.gal estrea a solicitude de transporte baixo demanda
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bus.gal estrea a solicitude de transporte baixo demanda

Redacción
Publicado: 14/12/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20181214_marpereira_transporte_013.jpgA directora da AMTEGA, Mar Pereira; o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ignacio Maestro, o director de IT, Información, Procesos e Operacións de Abanca, José Manuel Valiño; e do delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentaron hoxe as novas funcionalidades da aplicación e do portal de Transporte Público de Galicia, bus.gal, que dende hoxe permite aos usuarios do transporte público por estrada solicitar en liña, desde un ordenador ou desde o seu dispositivo móbil, servizos de transporte á demanda en calquera das localidades nas que está dispoñible.
20181214_marpereira_transporte_007.jpgAdemais, tanto no portal como na app, atoparán información actualizada dos servizos entre localidades das máis de 1.400 liñas de autobús que integran a oferta de transporte público por estrada.
Outra das novas funcionalidades da aplicación é o seguimento en tempo real das rutas dos autobuses, unha opción que está xa operativa para os usuarios das 273 liñas de autobús da área metropolitana de Coruña e que se estenderá ao resto dos viaxeiros a medida que as empresas concesionarias envíen a información ao Centro de Mobilidade de Galicia.
Os responsables da Xunta e de Abanca anunciaron, tamén, que o pagamento por móbil inicia a súa andaina na Coruña, nunha das liñas de transporte metropolitano desta área, onde durante dous meses se pilotará a solución desenvolta pola entidade bancaria.
20181214_marpereira_transporte_010.jpgTras este período, a nova modalidade de pagamento estenderase progresivamente naqueles autobuses que teñan adaptadas as súas canceladoras.
Estas medidas forman parte da folla de ruta que establece o Plan de Modernización Tecnolóxica da Mobilidade en Galicia, e-Mobility, que están a desenvolver a Amtega e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para impulsar a dixitalización do sistema concesional de transporte que dá servizo a uns 20 millóns de viaxeiros anuais con máis de 1.000 autobuses, 1.419 liñas e 14.140 paradas

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?