Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC e Laconnetwork convocan a segunda edición dos Premios TIC Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC e Laconnetwork convocan a segunda edición dos Premios TIC Galicia

Redacción
Publicado: 14/12/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_tic_galicia.jpgO noso Clúster TIC vén de convocar a segunda edición dos Premios TIC Galicia, dirixidos a salientar e visualizar o traballo ben feito do noso empresariado, das nosas institucións e das nosas asociacións en materia de desenvolvemento e espallamento de novas tecnoloxías da información. Haberá nove categorías e o prazo para presentar candidaturas ás mesmas ficará aberto ata o 20 de xaneiro. Trala organización do certame, achegando a súa colaboración, atópase tamén Laconnetwork.
As nove categorías son: Mellor Startup (adicada a aquelas empresas galegas con menos de dous anos de traxectoria); Mellor Desenvolvemento de Software Libre (que pon o foco naquelas compañías que desenvolveran a mellor solución de programación baixo esta licenza); Mellor Campaña de Marketing Dixital (que recoñece aquelas accións de mercadotecnia dixital que foran lideradas por empresas de medios dixitais galegas); Mellor Empresa Tractora (pensado para aquelas compañías que apostan e confían nas startups galegas contratando os seus produtos e servizos); Mellor Iniciativa TIC (que busca aquelas asociacións, institucións e organizacións que axudan na creación, lanzamento e asentamento de empresas e emprendedores); Mellor Innovación (I+D+i) (que distinguirá aqueles organismos, fundacións e asociacións que realizasen os mellores investimentos en innovación en 2018); por último Mellor Internacionalización (que premiará a aquelas empresas galegas que presenten o mellor plan de internacionalización en 2018).
Ao abeiro das nove modalidades devanditas tamén se inclúen dúas mencións de honra para mostrar o importante labor daquelas persoas e empresas que presenten unha especial implicación co sector TIC galego. Estas son o Premio Lacón Evanxelizador, que se outorgará ás persoas que se impliquen de maneira específica e constante na difusión do sector TIC autonómico e que organizaron con éxito algún dos encontros mensuais Laconnetwork; e o Premio Traxectoria, que recoñece ás persoas que, de maneira recorrente e constante, se impliquen nas TIC galegas.
As persoas interesadas en inscribirse deben facelo na páxina web de Laconnetwork ata o 20 de xaneiro de 2019. Este será o único método válido para presentar unha proposta aos premios TIC Galicia 2018.
Todas as candidaturas recibidas ata o 20 de xaneiro de 2019 serán avaliadas por un comité de especialistas do sector que terá voz e voto para seleccionar os finalistas. Unha vez pechada a fase de pre-selección, os finalistas elixidos das categorías Mellor Startup, Mellor Desenvolvemento de Software Libre, Mellor Campaña de Marketing Dixital, Mellor Innovación (I+D+i) e Mención especial – Premio Lacon Evanxelizador; serán feitos públicos e procederase a unha votación popular online que terá un peso do 50% sobre o resultado final, o outro 50% será a valoración do comité de especialistas. As categorías Mellor Iniciativa TIC, Mellor Empresa Tractora, Mellor Internacionalización e a Mención Especial – Premio Traxectoria outorgaranse directamente polo comité de especialistas.
A gala de entrega dos premios TIC Galicia terá lugar no evento anual Laconnetwork 2019.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?