Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello e a Cámara de Santiago dan a coñecer os premiados no certame Manuel Beiras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello e a Cámara de Santiago dan a coñecer os premiados no certame Manuel Beiras

Redacción
Publicado: 17/12/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rolda_de_prensa_fallo_premio_manuel_beiras.jpgFinalmente o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio local deron a coñecer os negocios gañadores dos Premios Manuel Beiras, dirixidos a recoñecer o compromiso lingüístico dos comercios e empresas de Compostela e a súa contorna, un compromiso extensible ás redes. As empresas que resultaron gañadoras da nova edición (XIX) foron Leite Noso e Construcións Alvite González. Así o anunciaron en rolda de prensa o alcalde, Martiño Noriega, e o vogal da Cámara de Comercio, Xavier Freire, que engadiron que os galardóns entréganse hoxe ás 20.00 horas no Pazo de Raxoi. Na gala tamén se distinguirá o labor de Evaristo Rodríguez Carracedo, ex vicepresidente da Cámara de Comercio. Os galardóns xiraron este ano arredor da páxina web www.traballamosengalego.gal.
Polo que se refire á empresa Leite Noso, recibe o Premio Manuel Beiras na categoría de nova incorporación ao galego. Segundo informaron Noriega e Freire, a distinción está relacionada coa marca comercial Deleite, a primeira etiquetada integramente en galego e que, tal e como salienta o xurado, “coloca o noso idioma na mesa de milleiros de fogares cada día”, demostrando que o galego “é o vehículo idóneo para presentar o principal produto do noso sector agrogandeiro e para asocialo á riqueza do patrimonio e ao dinamismo da cultura máis actual”.
Na categoría de empresas cun uso continuado do galego, o galardón será para Construcións Alvite González, “por apostar por unha comunicación coidada, coherente e respectuosa coa nosa lingua, facéndoa visible nun ámbito de actividade económica onde habitualmente se agocha para os usos formalizados”.
Por último, o xurado acordou conceder a distinción especial do Premio Manuel Beiras a Evaristo Rodríguez Carracedo, avogado compostelán que, como vicepresidente da Cámara de Comercio, “foi un dos piares sobre os que se crearon estes galardóns e cuxo impulso e apoio foi fundamental para que superasen a maioría de idade”. Segundo o xurado, Rodríguez Carracedo “foi a voz da conciencia lingüística que cada ano lembrou a importancia do compromiso empresarial coa lingua e a necesidade de converter en feitos as palabras de apoio”.
O xurado dos Premios Manuel Beiras estivo formado polo alcalde, Martiño Noriega; Xavier Freire, en representación da Cámara de Comercio; Beatriz Corral, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística; Miguel López Crespo, en representación da Unión de Consumidores de Galicia; Belén Regueira no nome do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; María Traveso, no nome da Mesa pola Normalización Lingüística, e os representantes das empresas premiadas na pasada edición dos galardóns.
Como lembraremos, o Premio Manuel Beiras ten distinguido iniciativas e proxectos de natureza claramente dixital, como por exemplo a asociación Puntogal para o impulso dun dominio específico galego (.gal), a empresa de comercio electrónico Buydeal, ou a firma de tecnoloxías lingüísticas Imaxin, entre outras moitas.
O ano anterior, o galardón foi dar á produtora Illa Bufarda; e o premio para a empresa que se incorporara recentemente ao uso do galego recaeu na empresa de fabricación de xogos e xoguetes Brazolinda. Amais, a distinción especial do xurado foi para o Colexio de Avogados de Santiago.
Respecto da campaña de promoción deste ano tivo, como dixemos, unha importante vertente en liña a través das redes sociais e a través de www.traballamosengalego.gal. Segundo explicou Martiño Noriega, “quixemos construír a imaxe dixital dos Manuel Beiras, cun lugar de referencia para obter información sobre a convocatoria actual e as anteriores”. Desta maneira e para xerar interese entre a cidadanía, Santiago viuse ateigada os días pasados de cartaces nas beirarrúas e material publicitario con diversos textos-reclamo e un convite a visitar traballamosengalego.gal. Por certo que esta páxina está redireccionada cara a dos Premios Manuel Beiras, na que se poden atopar as listas de gañadores de edicións anteriores, as bases da convocatoria e numerosos recursos gráficos sobre os galardóns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?