Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O DOG recolle as bases para a selección de proxectos de Hubs de innovación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O DOG recolle as bases para a selección de proxectos de Hubs de innovación dixital

Redacción
Publicado: 18/12/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Acto de presentación dos hubs dixitais galegos, celebrado este mes de marzo
Acto de presentación dos hubs dixitais galegos, celebrado este mes de marzo
A Xunta dá un novo paso para fortalecer o sistema de I+D+i de Galicia coa publicación no Diario Oficial de Galicia da primeira edición para impulsar a creación de Hubs de innovación dixital, converténdose na primeira Administración española en realizar unha convocatoria específica para poñer en marcha esta nova iniciativa.
Os Hubs de innovación dixital son unha nova ferramenta contemplada na Iniciativa Europea de Dixitalización Industrial para lograr que a innovación dixital poida ás empresas. Permitirán aliñar, de xeito eficiente, o coñecemento coas necesidades do tecido empresarial e os mercados facilitando, á súa vez, que a industria e as pemes poidan incorporar e integrar na súa estratexia de negocio diferentes servizos de innovación e tecnoloxías.
No caso do modelo galego de Hubs, as bases da convocatoria (de concorrencia competitiva) contemplan como requisitos mínimos que as agrupacións que os promovan conten cunha entidade representante da oferta, outra da demanda e outra da transferencia e que algunha empresa tractora forme parte desta alianza. A iniciativa que se presente deberá estar orientada, como mínimo, a dúas cadeas de valor para Galicia no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) e cubrir a I+D de tecnoloxías de tipo disruptivo cun importante potencial para a industria galega. Ademais, aínda que o seu ámbito de actuación será rexional, búscase a súa operatividade nun contexto interrexional de cooperación e que o traballo desenvolvido teña impacto, por tanto, na rede europea de hubs, coa finalidade de que a economía galega poida gañar tamaño e presenza na contorna europea.
As solicitudes poderán presentarse por calquera das entidades promotoras do Hub, desde mañá e ata o 1 de febreiro. A valoración realizarase en base a criterios relacionados coa visión estratéxica, a proposta operativa e a capacidade técnica tendo sempre presente a súa contribución no avance da RIS3.
A selección dun proxecto de Hub resultante desta convocatoria suporá o recoñecemento por parte da Administración galega do seu carácter estratéxico, que será o requisito necesario para o acceso aos instrumentos de apoio público que se porán en marcha e que se concretan, en 2019, no acceso á capacitación e financiamento das actuacións necesarias para a súa posta en marcha a través da sinatura de convenios; e a partir de 2020 con financiamento á súa actividade, xa sexa a través de proxectos de I+D+i, servizos para PEME ou infraestruturas. O seu acceso estará sempre condicionado ao cumprimento de requisitos específicos xa que o obxectivo é crear modelos de negocio sostibles.
Coa posta en marcha desta nova ferramenta, para a que Europa reserva 300 millóns de euros no período 2018-2020, Galicia agarda dar un paso máis na súa transformación dixital e posicionarse nunha situación de vantaxe competitiva no mercado global da economía do coñecemento.
A Comunidade gañará en competitividade, creará emprego cualificado e incrementará o peso da actividade industrial sobre o PIB galego, a través deste modelo colaborativo aberto, e participativo, no que as empresas terán un papel protagonista. Hai que salientar que para o período 2021-2027, Europa contará cun programa específico para financiar todo o que ten que ver co eido dixital, Digital Europe, dotado con preto de 9.200 millóns de euros.
As alianzas creadas en torno aos Hubs posibilitarán que o coñecemento dea resposta ás necesidades do tecido produtivo. Este será o que marque os retos e o sistema de innovación dará as respostas e solucións para incorporar as novas tecnoloxías nas estratexias das PEME. Así, cada participante poderá extraer beneficios específicos: maior competitividade para a o tecido industrial grazas a novas tecnoloxías adaptadas ás súas necesidades; oportunidades de negocio e potencial exportador para os provedores tecnolóxicos que desenvolvan os novos produtos; e oportunidades de valorización do coñecemento xerado nos centros tecnolóxicos e de I+D+i.
As bases definíronse tras as oito manifestacións de interese recibidas no anuncio realizado no mes de agosto con propostas lideradas pola Asociación para o Fomento da Investigación Cerámica en Galicia (AFICEGA), Asociación Clúster Naval Galego (ACLUNAGA), Fundación Clúster Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA), Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME), Clúster TIC Galicia, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Clúster Saúde Galicia (CSG).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?