Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O presidente do CPEIG achéganos ás claves da protección de datos nun curso da EGAP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O presidente do CPEIG achéganos ás claves da protección de datos nun curso da EGAP

Redacción
Publicado: 18/12/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fernando_suarez-8.jpgO presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, vai achegar o seu coñecemento aos participantes no curso monográfico Protección de datos e ciberseguridade, que vén da man da Escola Galega de Administración Pública. E faino este 19 de decembro, compartindo co público asistentes novos conceptos e recursos de valor sobre datos persoais e protección en liña. O curso desenvólvese hoxe e mañá na sede da EGAP en Compostela. Fernando Suárez é o encargado da dirección académica da actividade formativa.
O obradoiro ten como obxecto principal afondar na normativa relacionada coa protección de datos de carácter persoal e a ciberseguridade desde un punto de vista teórico-práctico, “sinalando as novidades existentes e dando conta dos puntos máis esenciais e característicos da súa aplicación na Administración Pública e, en particular, no ámbito do sistema universitario”. En última instancia, búscase botar luz sobre o funcionamento e aplicación da normativa, dando resposta aos posibles conflitos e dúbidas que poidan xurdir do seu seguimento.
A xornada de mañá mércores comezará ás 9:30 horas coa intervención do delegado de Protección de datos da USC, José Luis Fernández. Ás 11:00 horas celebrarase a conferencia do delegado de Protección de datos do Sergas, Jorge Prado. E finalmente, Fernando Suárez pechará o curso, ás 13:00 horas, co seu relatorio titulado Ciberseguridade e protección de datos de carácter persoal, onde explicará o termo transformación dixital, a importancia da seguridade da información e as normativas de aplicación.
O presidente, ao fío da súa intervención no curso, avánzanos que a seguridade da información “é cousa de todas e todas”, non é unicamente responsabilidade das unidades tecnolóxicas nin da dirección das organizacións, senón que todo o persoal debe estar “implicado, concienciado e formado” xa que a persoa usuaria, aínda que é a peza máis feble da cadea, pode aplicar medidas de protección para manter a información que manexa ordenada, actualizada e segura. E engade: “A seguridade da información é o conxunto de medidas preventivas e reactivas das organizacións e dos sistemas tecnolóxicos que permiten resgardar e protexer a información buscando manter a confidencialidade, dispoñibilidade, integridade, autenticidade e rastrexabilidade dos datos almacenados ou transmitidos e dos servizos que os sistemas ou redes de información ofrecen”.
Ademais, Fernando Suárez falará dos aspectos máis destacados nunha xestión do risco para identificar as posísbeis ameazas á información, a probabilidade de que sucedan e o impacto da materialización da ameaza, “sempre usando medidas de seguridade proporcionais aos riscos dos sistemas de información”. Segundo fai saber, “ninguén queda a salvo dos ataques informáticos, polo que é preciso protexerse xa que as consecuencias poden ser catastróficas para a organización”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?