Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma galega eHabilis sitúase entre as dez mellores iniciativas do Talent Summit
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma galega eHabilis sitúase entre as dez mellores iniciativas do Talent Summit

Redacción
Publicado: 20/12/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sdweb_talent_summit.jpgA empresa galega SDweb, con sede en Santiago e especializada en desenvolvemento web e formación-comunicación dixital, vén de obter un importante recoñecemento pola súa plataforma eHabilis, innovador sistema para a aprendizaxe a distancia (e-learning) e a xestión de datos na nube. A distinción veu da man da Fundación Transforma España, da que forman parte a Asociación Para el Progreso de la Dirección (APD), La Caixa, Banco Santander, Grupo Cofares, Telefónica ou Adecco, entre outras organizacións. A fundación sitiou a eHabilis entre as dez mellores iniciativas tecnolóxicas especializadas na xestión do talento e do coñecemento. A orixe deste logro está na participación de eHabilis no certame Talent Summit, impulsado por Transforma España.
Este recoñecemento é especialmente significativo se temos en conta que chega nun importante intre de medre e espallamento para a empresa compostelá, que vén de inaugurar na capital galega unha factoría de software de máis de douscentos metros cadrados para afianzar o seu proxecto de crecemento e expansión a novos mercados dende Santiago.
Con case dez anos no mercado, a compañía tecnolóxica galega SDweb Solucións Dixitais está especializada en tecnoloxías TIC para impulsar a capacitación e o adestramento. Os seus ámbitos principais de actividade son, polo tanto, a innovación, a especialización, o re-investimento de beneficios e máis a orientación a produtos tecnolóxicos.
Segundo nos conta Antonio Carro, director xeral da empresa compostelá, eHabilis é unha plataforma de xestión do coñecemento corporativo na nube cun amplo espectro de aplicación. O seu principal obxectivo é “transformar o modelo tradicional de xestión do coñecemento nas organizacións, esencialmente dominado pola simple execución de plans anuais de formación, en moitas ocasións sen dispor dunha información clara e obxectiva das necesidades reais dunha organización”. A base de eHabilis, unha das súas principais razóns de ser, é mudar o devandito enfoque “cara a un modelo que permite a estas organizacións sacar o máximo partido ao coñecemento do seu equipo humano, antepondo o descubrimento e difusión do coñecemento interno á procura de coñecemento no exterior; e implementando unha estratexia lúdica de aprendizaxe grazas ao concepto de gamificación que incorpora en todos os seus niveis”, explica Antonio Carro.
Para Brais Martínez, responsable de Produto de eHabilis e responsable de Desenvolvemento de Negocio en SDweb, a participación no Talent Summit 2018 supuxo “un respaldo moi importante ao duro traballo realizado ata a data polo equipo humano que desenvolve a plataforma eHabilis, dado que crear e difundir no mercado un produto tecnolóxico que sexa recoñecido como vangardista é realmente difícil”.
Pola súa banda Ricardo Della-casa, responsable da sede da empresa en Barcelona, pon o foco na “elevada competencia que existe na carreira por desenvolver solucións cada vez mellores e máis eficientes, onde é moi difícil manterse nas primeiras posicións de forma continuada”.
En opinión de Juan Casanova, responsable de Tecnoloxía da plataforma, “chegamos ata aquí grazas a que contamos con persoas moi cualificadas e implicadas no proxecto, que ademais están apoiadas por unha visión e investimento constante da compañía en innovar e desenvolver nova tecnoloxía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?