Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Victoria galega na batalla de hackers do Centro Criptolóxico Nacional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Victoria galega na batalla de hackers do Centro Criptolóxico Nacional

Redacción
Publicado: 20/12/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gradiant_juan_gonzalez_hackerbattle_cabecera.jpgJuan González, investigador do Centro Tecnolóxico Gradiant (onde dirixe a área de Seguridade e Privacidade), resultou gañador a semana pasada dunha das batallas de hackers máis referenciais a nivel estatal e europeo. Estamos a falar do desafío-certame Hacker Battle, celebrado ao abeiro das XII Xornadas do Centro Criptolóxico Nacional STIC CCN-CERT-CNI. Organizado polo Equipo de Resposta ante Emerxencias Informáticas do CCN, o CERT, este evento de carácter anual estivo centrado en seguridade informática e durante os días 12 e 13 de decembro reuniu en Madrid a máis de 2.700 profesionais e expertos en ciberseguridade.
A cita foi no cinema Kinépolis de Madrid. O investigador de Gradiant (baixo o sobrenome B0rneira) enfrontouse nun duelo en directo a Bruno Chenoll (Camos) onde ambos tiñan que ir superando diferentes retos de protección tecnolóxico-dixital nun tempo determinado. Despois dos 25 minutos estipulados que marcaba a proba (máis unha prórroga concedida polo público de 10 minutos adicionais), ningún dos dous adversarios conseguiu finalizar todas as probas. Malia todo, o investigador de Gradiant foi quen chegou máis lonxe, polo que se proclamou vencedor.
Para chegar a esta fase final, os participantes tiveron que demostrar a súa capacitación e adestramento nas Atenea Xornadas, plataforma de retos de seguridade creada en exclusiva para o evento. Nela, os participantes enfrontáronse desde o 30 de novembro ata o 3 de decembro a 20 probas de distinta dificultade e temática, como o cifrado de información, e esteganografía forense, a análise de tráfico ou o reversing. Foi Javier Candau, xefe do Departamento de Ciberseguridade da CNN-CERT, o encargado de facer a entrega do premio Atenea ao investigador galego, agradecendo a participación dos máis de 5.000 participantes de Atenea 2018.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?