Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As principais oficinas de rexistro da Xunta estrean cita previa en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As principais oficinas de rexistro da Xunta estrean cita previa en liña

Redacción
Publicado: 26/12/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xunta_cita_previa.jpgA AMTEGA e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración e Xustiza veñen de pór en marcha o servizo de cita previa a través da Internet nos rexistros de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, de xeito que a cidadanía ten a disposición a cita previa nas principais oficinas de rexistro a través dunha páxina web na que reservar a data e a hora na que poden realizar as súas xestións. Só é preciso seleccionar a oficina, o trámite, indicar o número de follas que se van dixitalizar e cubrir os datos persoais que se solicitan.
Estes rexistros concentran máis do 50% da entrada de documentación na Xunta de Galicia e están equipados para dixitalizar os documentos que os cidadáns entregan en papel, iniciando así o expediente dixital dese procedemento, que se enviará en formato electrónico ao departamento responsable da súa xestión, reducindo tempos de espera e evitando perdas. Ese expediente dixital, almacénase no Arquivo Electrónico Único, onde estará accesible en liña dun xeito seguro e controlado por tanto aos empregados públicos como do propio interesado.
Con este servizo búscase evitar esperas innecesarias a aquelas persoas que optan pola tramitación presencial. Cómpre lembrar o incremento da tramitación online que no primeiro semestre deste ano situouse por riba da presencial.

Funcionario habilitado e reformulación das Oficinas de Rexistro

Aínda que o uso dos servizos dixitais está cada vez máis estendido, as xestións en liña non poden supoñer unha barreira para ningún cidadán na súa relación coa administración. Por iso entre as obrigas que establecen as Leis 39 e 40 está a transformación das actuais oficinas de Rexistro nunha Rede de Oficinas de Atención á Cidadanía, nas que se prestará asistencia aos cidadáns na xestións online coa Administración, tanto na presentación de escritos, solicitudes e documentación como na tramitación da identificación dixital.
En liña co anterior está a figura do funcionario habilitado, que posibilitará que unha persoa autorizada ou un funcionario poda realizar trámites telemáticos en nome doutra persoa. Con tal fin, a norma establece a creación do Rexistro electrónico xeral de apoderamentos.
A Administración do futuro máis inmediato busca ter unha visión integral do cidadán, que estea no centro de todo o proceso e que non sexa un actor máis. Conseguilo dará resposta a demanda da sociedade de ter ao seu alcance unha administración máis transparente, proactiva e con máis e mellores servizos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?