Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno galego contribuirá con 26 millóns á transformación 4.0 de 600 empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno galego contribuirá con 26 millóns á transformación 4.0 de 600 empresas

Redacción
Publicado: 28/12/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

4.0_industria.jpgO Goberno galego anunciou onte unha achega de 26,3 millóns de euros para impulsar a transformación tecnolóxica das nosas empresas: a adaptación plena aos máis innovadores xeitos de producir e facer mercado. En termos máis concretos, a devandita contía irá destinada a favorecer a dixitalización e os modelos produtivos propios da Industria 4.0 (máis automatización, máis interconexión, máis eficiencia, máis sustentabilidade e máis eficacia) en arredor de 600 firmas da nosa terra.
A Xunta engadiu que se trata dunha iniciativa que prevé mobilizar en total máis de 70 millóns de euros en tres liñas de axudas: a terceira edición do programa Fábrica Intelixente; as axudas da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA); e os apoios do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) á dixitalización.
Respecto das axudas de Fábrica Intelixente, as beneficiarias serán as compañías sen ningún tipo de restrición en canto ao seu tamaño; e os organismos de investigación cun centro permanente en Galicia e que poidan asumir, como mínimo, o 15% do orzamento total do proxecto.
En relación ao segundo programa: as axudas da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), por valor de 8,6 millóns de euros, o Goberno galego sinalou que o obxectivo é apoiar 90 PEME e microempresas favorecendo a súa competitividade e incentivando o seu proceso de medre.
No que atinxe aos apoios para a dixitalización da Industria 4.0, o IGAPE apoiará con 5 millóns de euros a transformación tecnolóxica do tecido empresarial galego, coa previsión de mobilizar 13,28 millóns de euros para xerar proxectos colaborativos de dixitalización e apoiar ás empresas que invistan nestes procesos para cubrir as súas necesidades.
Para iso, a Xunta apoia o desenvolvemento de obradoiros de dixitalización, é dicir, espazos de colaboración desenvolvidos por un mínimo de 6 empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración para poñer en marcha ferramentas dixitais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?