Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaAberta incrementou en 2018 nun 31% o seu número de usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaAberta incrementou en 2018 nun 31% o seu número de usuarios

Redacción
Publicado: 07/01/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

emigracion_xunta_gal.jpgGaliciaAberta, o portal web da Secretaría Xeral da Emigración, incrementou nun 31% o seu número de usuarios, que supera xa os 210.000, en 2018. Así o revelan as estatísticas do exercicio que acaba de rematar, no cal os internautas realizaron máis de 325.000 visitas á súa páxina, incrementando en máis dun 28% as rexistradas en 2017. Tamén as consultas realizadas a páxinas do portal da Emigración da Xunta de Galicia aumentaron de xeito significativo respecto ao ano anterior, superando as 740.000 páxinas vistas, un 21,9% máis que nos doce meses previos.
A Arxentina, Venezuela, O Uruguai, México, O Brasil, Estados Unidos, O Reino Unido, Suíza, Perú, Alemaña, Panamá, Francia, Chile, Colombia e Portugal son os quince países do exterior desde os que máis visitas se realizaron ao portal Galicia Aberta. Respecto ás cidades que máis usuarios da web da Secretaría Xeral da Emigración rexistraron destacaron Caracas, Bos Aires, Montevideo, Nova York e Cidade de México.

Contidos
  • Contidos máis vistos
  • Redes sociais

Contidos máis vistos

Os contidos que máis interese espertaron nos usuarios da páxina do departamento do Goberno galego foron os relativos aos diferentes programas da Secretaría Xeral da Emigración, recollidos na Estratexia Retorna 2020, aprobada o 12 de abril do pasado exercicio, e a Estratexia Emigración 2020, que recibiu o luz verde no Consello da Xunta do 12 de xullo. Precisamente dentro da primeira inclúese como unha das apostas máis importantes da Xunta de Galicia de cara aos retornados a creación dunha Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado, que contará, ademais de con instalacións atendidas por expertos, cun portal web que amplíe a atención a quen regresan á comunidade. A Administración autonómica está a ultimar esta nova ferramenta para os retornados, que entrará en funcionamento proximamente.
Cabe resaltar, ademais, a relevancia que acadou a nova publicada no portal acerca de que A Xunta informa do recente desbloqueo das pensións non contributivas para os pensionistas retornados de Venezuela, que leron máis de 5.000 persoas, e que tivo un gran impacto tanto nas redes sociais como entre a propia colectividade venezolana asentada en Galicia, a que máis está a medrar nos últimos anos.

Redes sociais

As redes sociais que ten a Secretaría Xeral da Emigración para divulgar os seus programas e as fases das diferentes convocatorias, así como para promover as diferentes accións que tanto o Goberno galego como a propia colectividade galega no exterior leva a cabo para difundir a cultura, a lingua e a tradición galegas, tamén experimentaron un crecemento durante 2018. As contas de GaliciaAberta en Facebook, Twitter e Instagram superan xa os 25.000 seguidores, o que supón un incremento medio de preto do 30 % no conxunto das plataformas.
No caso de Facebook, son os mozos de entre 25 e 45 anos os que máis empregan esta rede social para estar ao día das novas acerca da colectividade galega, tanto a residente no estranxeiro como a da Galicia territorial e os que viven noutras comunidades autónomas diferentes á galega. Tamén os usuarios de Instagram teñen un perfil moi semellante ao desta plataforma, que conforman o público obxectivo ao que vai especialmente dirixida a Estratexia Retorna 2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?