Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo oferta un curso pioneiro en tecnoloxías de refalado interlingüístico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo oferta un curso pioneiro en tecnoloxías de refalado interlingüístico

Redacción
Publicado: 09/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_refalado_curso.jpgA Universidade de Vigo vén de presentar unha iniciativa pioneira de gran interese para as persoas, entidades e empresas que acostuman a comunicarse a través das ferramentas dixitais e precisan facelo en varias linguas e sen barreiras nin atrancos de comprensión para todos os implicados. Estamos a falar do que sería o primeiro curso do mundo especializado en refalado interlingüístico, un sistema empregado nos medios de comunicación para acadar servizos de accesibilidade a persoas con discapacidade auditiva e que mostra, dun tempo a esta parte, un importante potencial para -por exemplo- o eido das conferencias internacionais.
Segundo informa a UVigo, o refalado consiste en que o refalador reciba unha mensaxe oral e que logo esa mensaxe sexa traducida a outra, empregando a modalidade de interpretación simultánea pero coa particularidade de que no canto de transmitirse o contido a un público, directamente, este vaia dar a un software de recoñecemento de voz que, pola súa banda, proxecta nunha pantalla os subtítulos traducidos polo refalador (que se encargará de engadir signos de puntuación e outras indicacións para que os subtítulos sexan perfectamente lexibles para a audiencia).
Volvendo á actividade formativa da UVigo, trátase do I Curso de especialista en refalado interlingüístico (inglés-español) e comezará a impartirse o vindeiro 21 de xuño. Tratala iniciativa atópanse Luis Alonso Bacigalupe, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, e máis Pablo Romero, directores da actividade.
Ao longo de 200 horas e en formato on-line, o alumnado traballará cos vídeos e outros materiais que estarán pendurados na plataforma do curso. “Co primeiro módulo do curso de especialista o alumnado formarase na modalidade que se emprega para subtitular a case totalidade dos programas en directo nas diferentes canles da televisión española. Neste momento existe unha gran demanda de refaladores español-español e practicamente ningún curso dedicado a súa formación, pero o noso curso irá un paso máis adiante converténdose no primeiro do mundo en ofrecer formación en refalado lingüístico inglés-español”, detalla Bacigalupe.
O curso, que oferta un máximo de 10 prazas, está vinculado ao grupo de investigación Galma (Galician Observatory for Media Accessibility), o primeiro observatorio galego de accesibilidade aos medios. Composto por docentes da Universidade de Vigo e investigadores de diferentes países, Galma lidera ou participa en 14 proxectos internacionais de investigación e colabora con diferentes institucións como os gobernos de Canadá, Australia, Reino Unido ou a Xunta de Galicia e institucións como a BBC ou o National Theatre de Londres. Traballan ademais con grupos do ámbito tecnolóxico da Universidade de Vigo, como o liderado pola catedrática da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Carmen García Mateo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?