Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As nosas industrias innovadoras do motor locen tecnoloxías no salón CES
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As nosas industrias innovadoras do motor locen tecnoloxías no salón CES

Redacción
Publicado: 09/01/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ces_bfa_empresas_galegas_igape.jpgO salón Consumer Electronics Show (CES 2019) de Las Vegas, que se celebra esta semana (ata o día 11) confirmando o seu carácter referencial como a meirande feira electrónica do mundo, está a ter notable presenza galega. Se os días pasados dimos conta da participación do Centro Tecnolóxico Gradiant dando conta das vantaxes da súa tecnoloxía Valida, hoxe soubemos que a nosa industria da innovación aplicada ao motor está na dita feira mostrando os seus principais achados recentes.
Trátase de media ducia de empresas abeiradas á palestra empresarial Business Factory Auto (BFA): Help Flash, VMS, Xesol, Muutech, Little Electric Cars e Improsec. Estas firmas galegas acoden a Las Vegas acompañadas da Consellería de Economía. O director do IGAPE, Juan Cividanes, engrosa as fileiras da embaixada galega.
Coa súa presenza na feira estadounidense, a BFA pretende apoiar os proxectos participantes na súa proxección internacional e incrementar a súa competitividade baseada na modernización tecnolóxica. A aceleradora galega, que a Xunta impulsa xunto a PSA, CEAGA e o Consorcio Zona Franca, está a celebrar xa a súa terceira edición, na que participan 20 iniciativas e que se presenta como a máis internacional posto que participa un proxecto de Dubai e outro de Alemaña. Nas dúas convocatorias anteriores, facilitou a creación de 22 novas empresas, que levan xerado 150 postos de traballo e que facturan máis de 10 millóns de euros, e das que o 30% xa exportan a outros países.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?