Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Punto Limpo de Ames recolleu en decembro preto de tres toneladas de aparellos electrónicos e eléctricos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Punto Limpo de Ames recolleu en decembro preto de tres toneladas de aparellos electrónicos e eléctricos

Redacción
Publicado: 14/01/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

punto_limpo1.jpgO Concello de Ames vén de facer balance da actividade do centro de depósito de refugallos do Punto Limpo local, emprazado no polígono de Milladoiro. Segundo fai saber o Goberno amense no seu reconto, o centro rexistrou uns “magníficos datos que amosan a concienciación da cidadanía co medio”. De feito, sinálase no informe, só no mes de decembro o servizo foi empregado por case medio milleiro de persoas. Das contribucións feitas pola cidadanía, salienta o carrexado de material electrónico e eléctrico (computadores, móbiles, impresoras, pantallas, electrodomésticos de toda índole): 2.891 quilogramos de aparellos.
O servizo, xestionado pola empresa Urbaser, tamén recolleu 100 quilogramos de envases baleiros contaminados e 950 quilos, que corresponden a 118 unidades, de pneumáticos que se atopaban fóra de uso. Asemade, tamén se entregaron 54 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 225 quilos correspondentes a 9 unidades de baterías de chumbo, 300 pilas cun total de 9 quilogramos de pilas e 22 unidades de aerosois.
Segundo lembra o Concello, o Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e “ata alí poden achegarse todos os veciños e veciñas de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel”. Asemade, ten especial importancia o carrexado de material ligado aos electrodomésticos e ás novas tecnoloxías, por ser aparellos moi suxeitos a unha substitución continua nos nosos fogares e empresas e que, polo tanto, ofrecen unhas necesidades especiais en materia de tratamento e reciclaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?