O pasado día 4 publicaron en Instagram unha fotografía dun ovo instando ao público a contribuír para bater un novo record de gústames en Instagram, superando os 18 millóns que tiña Kylie Jenner, e por raro que pareza, esta tola iniciativa superou xa os 34 millóns de gústames, ou sexa, que case dobrou a anterior marca, conseguíndose a meirande parte de interaccións na xornada de onte (con 18 millóns de gústames nun único día).
Na imaxe que se fixo viral estaban etiquetadas contas de Instagram de grande éxito como as de Ellen Degeneres, Jimmy Fallon e Pewdiepie, e de medios como a CNN, The Sun, Mashable ou o Daily Mail, e o autor da publicación, Egg Gang non tería nada en contra de Jenner, quen reaccionou con humor publicando un vídeo no que rachaba un ovo, contribuíndo a facer aínda máis grande o fenómeno do ovo que pasará á historia como un deses acontecementos de difícil explicación.
Un ovo convértese na imaxe con máis gústames en Instagram
Compartir Este Artigo
