Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José Ángel Abeal lévanos da man aos 17 anos de éxitos e internacionalizacións de Balidea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José Ángel Abeal lévanos da man aos 17 anos de éxitos e internacionalizacións de Balidea

Redacción
Publicado: 16/01/2019
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

O director de Desenvolvemento de Negocio de Balidea nunha imaxe de Miguel Blanco Arango
O director de Desenvolvemento de Negocio de Balidea nunha imaxe de Miguel Blanco Arango
Hai 17 anos que Balidea comezaba no mundo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Formada por un equipo de persoas mozas e dinámicas, está presente non só en Galicia, senón tamén en Dinamarca ou na sede das Nacións Unidas en Suíza. José Ángel Abeal, director de Desenvolvemento de Negocio, recibe a Código Cero para falar do pasado, presente e futuro desta empresa punteira.

-Balidea nace no ano 2002, como foron eses comezos no mundo das TIC?
-Balidea naceu vinculada aos servizos tecnolóxicos do SERGAS. A partir de aí especialízase no sector sanitario, sobre todo na parte de saúde pública, e comeza a traballar novos proxectos. Durante a crise impulsa a súa diversificación en dous sentidos: xeográfico e sectorial. Empézase a ver como saír de Galicia, ir a outras comunidades e incluso outros países e como afrontar tamén outros ámbitos de traballo. Esa expansión estivo ligada ao sector público porque Balidea é unha empresa solvente na concorrencia competitiva e ten experiencia no traballo coas administracións. Dende fai dous anos apostamos tamén polo sector privado.
A expansión xeográfica foi moi natural, comezando por Asturias, Cantabria, País Vasco, Aragón, Cataluña e agora estamos tamén en Valencia e en Madrid. Ademais, temos algún pequeno proxecto en Andalucía e Baleares. No eido internacional saltamos a Dinamarca da man da Axencia Danesa da Enerxía e a Suíza, das Nacións Unidas. Cando chegamos a Dinamarca démonos conta das posibilidades que tiñamos. É un ámbito cun alto nivel de competencia, pero logramos establecernos e traballar tanto con empresas públicas coma privadas. En Suíza aterramos para traballar coas Nacións Unidas e a raíz de aí démonos a coñecer. Agora traballamos xa con varias axencias na ONU. Posiblemente somos a única empresa TIC galega que traballa para este organismo e españolas debe haber dúas ou tres máis.
No ámbito sectorial alén da sanidade, diversificamos os nosos servizos de software, incluíndo temas relacionados coa ciberseguridade, telecomunicacións e sistemas. De facturar 5 millóns hai cinco anos agora chegamos aos 10 millóns. É un crecemento entre o 10 e o 20%, un éxito noso e tamén acadado grazas ao auxe do sector.

-Podemos dicir entón que hoxe en día Balidea é unha empresa punteira a diferenza desa Balidea de 2002…
-No que é volume de facturación, de persoal, abano de clientes e ámbito xeográfico podemos dicir que estamos na cabeza da lista de empresas punteiras, aínda que como es de punteiro depende do prisma co que se mire. Con todo, en volumes eu penso que aí estamos.

-Balidea non só está presente en Galicia, tamén está noutros puntos nacionais e internacionais. Como foi ese proceso de internacionalización?
-Pasas moitas fases. Primeiro ves que hai moitísimas posibilidades e entusiásmaste, pero non coñeces o traxecto. Tes que aprender a cultura de onde vas, como se traballa alí, e teñen que aceptarte. Tes que poñerte no seu lugar. É como se aquí empezas a ter provedores estranxeiros: por que non un local?, por que un estranxeiro?, por que dese país?… non é nada sinxelo. Necesitas uns anos para asentarte nese mercado e lidar con moitos factores. Non coñeces a contorna e os seus mecanismos de toma de decisións. Dinamarca é un país pequeno que sempre estivo no medio de países grandes e en certo modo buscan a súa identidade. Somos nós os que temos que aprender deles e non eles de nós. É curioso, seguramente Dinamarca manexa unha linguaxe para os negocios máis parecida á nosa que a de América do Sur, por exemplo. É unha aposta arriscada. Cando che sae ben é unha satisfacción pero tes que ter claro que pode saír mal.

-Supoño que traballar para a ONU ten que poñer o listón moi alto…
-É unha contorna moi enriquecedora cultural, profesional e humanamente porque atopas xente de todos os países. É un ámbito de traballo totalmente distinto ao que coñeces e hai aspectos que chaman moito a atención.

-Que proxectos ten Balidea entre mans?
-Traballamos en moitos ámbitos pero destacaría tres no campo da innovación: o desenvolvemento de tecnoloxías para a prevención cardiolóxica en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, outras tamén para temas sociosanitarios e, por último, aquelas relacionadas coa análise deportiva. Co noso traballo en I+D+i queremos desenvolver produtos, xa que tradicionalmente nos dedicamos á prestación de servizos. Queremos explorar esa vía, na que a relación comercial é máis ampla.
Estamos traballando tamén en ferramentas para a xestión de citas hospitalarias e a xestión profesional, en tecnoloxía Drupal, en plataformas de e-learning para administracións públicas… E queremos posicionarnos en ciberseguridade, onde comezamos a colaborar cunha empresa referente en desenvolvemento de software a nivel mundial.

balidea_equipos_traballo.jpg -Supoño que o I+D+i é un factor clave na creación de produtos, verdade?
-Non é o mesmo vender servizos que produtos, require unha aprendizaxe. O apoio institucional á innovación é importante, pero tamén o é o apoio á comercialización. Ou atopas a un experto nese ámbito ou precisas axustar moitas pancas antes de chegar ao camiño correcto.

-Ademais de un bo capital humano, non?
-Unha das diferenzas que tes cando compites é a capacidade das persoas que van contigo. Moitas veces a toma de decisións, sobre todo en empresas privadas, baséase no feedback que sentes. Tes que ter xente que se involucre, que se implique e que confíe na empresa; e a empresa ten que confiar nesas persoas. Creo que o estamos a conseguir, pois para ser un empresa de só 17 años, más de 30 persoas levan máis de 10 anos con nós. Estamos apostando forte pola satisfacción dos traballadores e traballadoras, nunha relación bilateral. Tamén temos que captar talento novo. Necesitamos moita xente, e xente boa. Por iso damos facilidades para unha maior flexibilidade horaria e de conciliación familiar, así como múltiples vantaxes para facer que os empregados traballen nun ambiente de satisfacción persoal e profesional.

-Estades a ofrecer grandes avances no mundo tecnolóxico galego ao igual que outras moitas empresas. Séntese a competencia ou é máis un traballo de colaboración?
-Penso que é competencia sa. Case todos nacemos no mesmo sitio e coñecémonos dende hai moito tempo. Esa competencia sa axudounos moito a mellorar en procesos internos e ademais, aínda que en Galicia temos interiorizado o pensamento minifundista, cando saes fóra necesitas colaboración porque es pequeno e non te coñecen. Ao carón doutras empresas es capaz de abarcar moito máis. É unha relación bastante amigable, aínda que moitas veces compitamos.

-Cara a onde camiña Balidea nos vindeiros anos?
-Queremos potenciar a nosa internacionalización porque nos resulta rendible. Queremos seguir diversificándonos nos sectores polos que estamos apostando, coma a ciberseguridade ou os sistemas. Queremos apostar polos produtos especializados. Queremos seguir medrando porque cremos que hai mercado e potencial… Estamos conseguindo obxectivos co que sabemos facer e posicionándonos ben de forma natural nos mercados nos que estamos entrando. Todo isto sostense cun bo equipo humano. Tes que ter unha forte base de talento, de compromiso e conseguir incorporar persoas novas a esta filosofía. Cada ano chegan a Balidea entre 20 e 30 persoas e que entren nesta dinámica é algo moi satisfactorio. Tamén queremos apostar pola responsabilidade social empresarial. Dedicamos cada ano ao menos un 3% dos beneficios a este labor e a xente que traballa con nós implícase moito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?