Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O negocio do sector dos contidos dixitais subiu un 16,3%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O negocio do sector dos contidos dixitais subiu un 16,3%

Redacción
Publicado: 17/01/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

computadora_traballando-9.jpgO Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI), xestionado pola entidade pública Red.es, vén de publicar o seu máis recente informe sobre o estado de saúde da industria española dos contidos dixitais. No estudo salientan as cifras que moven ao optimismo, aínda que tamén resulta preocupante o feito de que as cifras deste sector suban a costa de facer que as doutras industrias decrezan (por exemplo o sector editorial tradicional). Como dato sobranceiro, atópase o seguinte: o volume de negocio do sector subiu un 16,3% e acadou 11.467 millóns de euros. Tamén medra o número de empresas, o emprego e o investimento, ata chegar ás 9.785 compañías, 105.760 persoas e 655 millóns.
Por outra banda, o informe reflicte un importante avance do proceso de dixitalización dos sectores de videoxogos, vídeo e música a nivel mundial, con taxas de transformación cara aos novos métodos de xestión, comunicación, promoción e venda do 88%, 68% e 66%, respectivamente.
Sen saírnos do positivo, o estudo mostra un parámetro con datos positivos que levaba anos sen telos (dende 2012): por primeira vez dende hai case oito anos, o investimento en negocio dixital do sector dos contidos creceu, logrando unha cifra de 655 millóns de euros, un 9,2% máis que en 2016.
ontsi_contidos_dixitais.jpgVideoxogos
Nun plano mis detallado, a industria española dos videoxogos continuou coa súa evolución positiva e alcanzou os 713 millóns de euros, un 15,6% máis que en 2016. Do total de ingresos xerados pola venda de produtos distribuídos a través de medios ou canles dixitais, os xogos para dispositivos móbiles descargables representaron en 2017 o 76,5%.
Música
En canto á música, a súa facturación ascendeu ata os 247 millóns de euros, un 50,3% máis que en 2016. A comercialización de música a través de medios dixitais superou con distancia á venda tradicional, chegando a representar case o 61% das vendas de música.
Cinema e vídeo
O 71,5% dos ingresos xerados polo sector do cinema e do vídeo correspondéronse ao negocio dixital (3.443 millóns de euros, un 17,6% máis que en 2016). O informe salienta que un pouco menos da metade da facturación das actividades dixitais do sector do cinema e do vídeo en España concéntrase nas actividades de produción cinematográfica e de vídeo (44,3%).
Audiovisual
Respecto ao sector audiovisual, o observatorio destaca que en España a facturación das actividades de programación e emisión de televisión en 2017 situouse en 3.970 millóns de euros, un 7,7% máis. A televisión terrestre representou o 46,2% dos ingresos (1.836 millóns de euros), crecendo por cuarto ano consecutivo. O volume de negocio da TV IP, con todo, crece a pasos axigantados a partir de 2014. En 2017, esta modalidade xa representou un 32,7% dos ingresos totais do sector da televisión, cunha cifra de 1.298 millóns de euros (un 25,6% máis que o ano anterior).
Publicacións
As actividades dixitais procedentes do sector das publicacións alcanzaron un volume de negocio de 1.260 millóns de euros, un 74,3% máis que en 2016. A edición de xornais pasou a concentrar a maior parte da facturación de negocio dixital do sector das publicacións (42,4%), por diante da edición de libros (33,6%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?