Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nadalmercaegana.com entregou os seus premios á fidelidade ao comercio local
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nadalmercaegana.com entregou os seus premios á fidelidade ao comercio local

Redacción
Publicado: 18/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_concello_lugo_nadal-2.jpgA campaña-concurso Merca e Gaña polo Nadal da Deputación de Lugo e a Federación de Comercio repartiu finalmente 10.000 euros en premios (cartóns-agasallo) entre 40 veciñas e veciñas da provincia. Como lembraremos, a nova edición do Merca e Gaña foi unha iniciativa para visualizar a importancia de reivindicar o comercio local, de proximidade, e, unha vez máis, desenvolveuse a través das redes, entre o 6 de decembro e o 6 de xaneiro. Durante estas datas, incentiváronse as compras no comercio local con material de promoción nas rúas dos 67 concellos ou en redes sociais co cancelo #nadalmercaegaña.
Por outra banda, as persoas que mercasen en calquera dos establecementos da provincia puideron participar no sorteo de 20 cartóns-agasallo de 300 euros e outros 20 de 200 euros. Para iso, tiveron que fotografar o tícket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.com (ou solicitar o seu rexistro ao comerciante).
Os premios foron entregados hoxe polo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, o presidente de Lugo Centrum CCA, José Luís Pérez, o director territorial de Abanca en Lugo, Javier Soto Garrido, entidades colaboradoras con esta campaña. No acto, tamén se entregaron os premios do Concurso de Postais de Nadal Vive o Centro.
Santos Ramos subliñou “o éxito de participación nesta campaña, na que se rexistraron máis de 31.000 compras, o que amosa o compromiso dos veciños co comercio de proximidade, un dinamizador social e económico da provincia”. Segundo engadiu, as compras realizadas ao abeiro da iniciativa de promoción tiveron un valor estimado de 1,9 millóns de euros, un 18% máis ca o ano pasado, ademais de rexistrar 5.000 usuarios máis”
O número de premiados por Concello foron: 3 en Mondoñedo, 6 en Sarria, 2 de Viveiro, 1 de Xove, 3 de Monforte de Lemos, 2 de Rábade, 1 de Chantada, 8 de Lugo, 1 de Burela, 2 de Lourenzá, 4 de Foz, 3 de Vilalba, 1 de O Vicedo, 1 de Taboada, 1 de Ribadeo e 1 de Covas-Viveiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?