Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames asina o contrato para acadar unha web máis moderna e funcional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames asina o contrato para acadar unha web máis moderna e funcional

Redacción
Publicado: 18/01/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ames_sinatura_contrato_nova_web1.jpgO alcalde de Ames, José Miñones, e mailo responsable da empresa Tecnologías Plexus, Ángel Taboada, asinaron hoxe o contrato para deseñar unha nova web para a Administración local, “máis moderna e funcional”. No acto de sinatura tamén participou a concelleira de Comunicación e Normalización Lingüística, Isabel Vaquero. Segundo fixeron saber, a nova páxina “será plenamente funcional en dispositivos móbiles e permitirá o rápido acceso á información, trámites e servizos”. O proxecto adxudicouse por un importe de 29.753 euros.
Amais do devandito obxectivo, o Concello busca con este proxecto “mellorar a información e a comunicación coa veciñanza, permitir o acceso plenamente funcional á web mediante dispositivos móbiles, modernizar o deseño, buscar a accesibilidade universal, facilitar a integración da web coas redes sociais e descentralizar e facilitar o traballo de xestión e administración do sitio”.
Con base en tecnoloxías abertas, o sitio dixital terá unha estrutura orientada aos usuarios, cun deseño inicial que facilite a rápida localización da información e o acceso a trámites e servizos. Así mesmo, engadiu o Concello, ampliaranse as posibilidades de comunicación (avisos mediante notificacións, boletíns informativos, envío de incidencias ao Concello e integración coas redes sociais) e potenciarase os contidos xa existentes de transparencia e de actualidade.
Asemade, porase o foco en favorecer a accesibilidade e o derrube de atrancos: todos os elementos estarán dispostos para facilitar o pleno uso de persoas con dificultades visuais, auditivas, dislexia e as incluídas no espectro do autismo. Ademais, “a súa renovación permitirá un mellor acceso aos diversos trámites e xestións”, explicou o alcalde, engadindo que outra das finalidades é “facilitar o seu emprego tanto ao persoal técnico responsable do sitio como ao persoal dos diversos departamentos municipais, claves para descentralizalo e ampliar e atender contidos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?