Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso aproba o Imposto sobre Determinados Servizos Dixitais (ou taxa Google)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Congreso aproba o Imposto sobre Determinados Servizos Dixitais (ou taxa Google)

Redacción
Publicado: 18/01/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

180119-consejo_05.jpgO Consello de Ministros aprobou a remisión ás Cortes Xerais dos Proxectos de Lei que contemplan a creación do Imposto sobre Transaccións Financeiras e o Imposto sobre Determinados Servizos Dixitais. Coa aprobación de ambas as normas, España aborda os novos retos da fiscalidade para avanzar cara a un sistema tributario máis moderno e redistributivo.
A necesidade de acometer reformas fiscais para adecuarse aos novos retos da globalización e as novas formas de negocio é unha idea compartida en todos os foros internacionais. De feito, as novas figuras tributarias que se aproban van en liña coas propostas formuladas pola Comisión Europa e xa foron aprobadas nalgúns países europeos.
Ambos os impostos contribuirán a que o sistema tributario sexa máis equilibrado e eficaz a nivel internacional, incorporando ademais elementos da nova economía e novas formas de actividade.
Tanto no caso do Imposto sobre Transaccións Financeiras como do Imposto sobre Determinados Servizos Dixitais a súa aplicación diríxese a grandes empresas e multinacionais.

Contidos
  • Servizos dixitais
  • Imposto sobre Transaccións Financeiras

Servizos dixitais

O Imposto sobre Determinados Servizos Dixitais (tamén coñecido como taxa Google) enmárcase na reforma fiscal emprendida para adaptar a tributación aos novos modelos de negocio dixital. A economía mundial está a adquirir rapidamente un carácter máis tecnolóxico e xurdiron novas formas de facer negocio sen necesidade de ter unha presenza física. Preténdese conseguir con este gravame que as empresas tributen no lugar no que se xera o valor.
Este Proxecto de Lei vai en liña coa directiva comunitaria proposta en marzo do ano pasado para gravar eses servizos dixitais, de forma que España será o primeiro país da UE que se adapta á estrutura prevista pola Comisión Europea.
Este imposto, de carácter indirecto, contempla gravar determinados servizos dixitais nos que hai unha intervención de usuarios situados no territorio español. O tipo impositivo que se aplicará será do 3%, en liña coa proposta da Comisión Europea, e a recadación estimada é de 1.200 millóns de euros anuais.
O novo tributo grava tres supostos: a prestación de servizos de publicidade en liña; servizos de intermediación en liña; e a venda de datos xerados a partir de información proporcionada polo usuario en interfaces dixitais.
As empresas obxecto deste imposto serán aquelas con un importe neto da súa cifra de negocios superior aos 750 millóns de euros a nivel mundial e cuxos ingresos derivados dos servizos dixitais afectados polo imposto superen os tres millóns de euros en España.
Estes limiares garanten que só se gravará ás grandes empresas e que nin as PEME nin as startups verán incrementada a súa fiscalidade.
Tras o trámite de audiencia pública, incluíuse no Proxecto que as prestacións dixitais que sexan realizadas entre entidades que formen parte dun grupo cunha participación, directa ou indirecta, do 100% quedarán fóra do imposto.

Imposto sobre Transaccións Financeiras

O Imposto sobre Transaccións Financeiras (tamén coñecido como taxa Tobin) enmárcase no debate xerado no seo a Comisión Europea. Desde 2013, dez países da UE, entre eles España, Alemaña ou Francia, están a traballar para a harmonización deste imposto a nivel comunitario, aínda que aínda non se aprobou a directiva.
Considérase oportuno implantar a nivel nacional este imposto que xa está vixente en Francia, Italia ou Bélxica, pero sen abandonar o obxectivo de establecer un gravame harmonizado a nivel europeo.
A finalidade principal deste imposto indirecto é contribuír ao obxectivo de consolidación das finanzas públicas e reforzar o principio de equidade do sistema tributario.
Trátase dun imposto indirecto que grava cun 0,2% as operacións de adquisición de accións de sociedades españolas, con independencia da residencia dos axentes que interveñan nas operacións, sempre que sexan empresas cotizadas e que o valor de capitalización bolsista da sociedade sexa superior aos 1.000 millóns de euros.
O suxeito pasivo é o intermediario financeiro que transmita ou execute a orde de adquisición. Estas operacións que se someten a tributación non se atopaban suxeitas a ningún imposto no ámbito da imposición indirecta, polo que o establecemento deste imposto supón un importante avance en termos de equidade tributaria.
Entre as adquisicións que estarán exentas do devandito gravame destacan operacións do mercado primario (saída a Bolsa dunha compañía), as necesarias para o funcionamento de infraestruturas do mercado, as de reestruturación empresarial, as que se realicen entre sociedades do mesmo grupo e as cesións de carácter temporal.
Este novo gravame terá un impacto recadatorio de 850 millóns de euros anuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?