Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector TIC apoia a posta en marcha en Ourense do centro galego de innovación da FP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector TIC apoia a posta en marcha en Ourense do centro galego de innovación da FP

Redacción
Publicado: 18/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fp_17_ene_19.jpgA provincia de Ourense vai contar cun espazo de investigación, desenvolvemento e divulgación que impulse novos xeitos de formar: xeitos que tiran proveito directo das novas tecnoloxías dixitais. Estamos a falar do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, en palabras da Deputación de Ourense e a Xunta, as súas principais impulsoras, “unha infraestrutura única na Comunidade”. O centro contará ademais co apoio de varias empresas do sector tecnolóxico-dixital, entre as que se contan Redegal ou Plexus, entre outras.
A iniciativa foi dada a coñecer onte nos seus detalles polo presidente da entidade provincial, Manuel Baltar, que lembrou que o centro “situará á provincia de Ourense no liderado da Formación Profesional en Galicia, o que suporá un gran impulso para o desenvolvemento do emprego xuvenil e para novas oportunidade laborais, así como maior capacitación e innovación para as empresas”.
Tamén fixo saber que o centro xa foi obxecto nas últimas datas do apoio unánime dun amplo abano de sectores empresariais, educativos e sociais, entre os que se conta o sector TIC. Sen ir máis lonxe, o pasado martes, Baltar reuníase na sede da Deputación con empresarios e asociacións representantes das principais firmas da provincia e de Galicia para “analizar as potencialidades que achegaría a implantación desta iniciativa en Ourense”, xuntanza que contou coa presenza de directivos de COPASA, UNVI, COGESA, Grupo Cuevas, Plexus, Redegal, Aníbal Blanco, Abanca, Grupo La Región, CEGASAL, as confederacións de empresarios de Ourense e de Pontevedra, o Círculo de Empresarios de Galicia, a Asociación de Pizarristas e ANFACO e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas.
Alén das devanditas entidades, participaron empresas e entidades ligadas aos sectores da construción, dos servizos financeiros, das novas tecnoloxías da información, da economía social, do motor e a fabricación de pezas, da loxística e transporte, da industria agroalimentaria e da industria extractiva.
Segundo se fixo saber na reunión, o centro ten amplo potencial para traer máis emprego, máis empresas e máis servizos para a provincia de Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?