Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo achega unha tecnoloxía que optimiza o control de obras de edificios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo achega unha tecnoloxía que optimiza o control de obras de edificios

Redacción
Publicado: 21/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_proba_piloto_autobim1.jpgA semana pasada desenvolveuse a proba piloto xeral dun sistema tecnolóxico chamado a facer máis eficientes e sustentables os procesos de construción de edificios. O sistema en cuestión, unha tecnoloxía de Intelixencia Artificial que mellora a calidade e reduce custes no control de obras, foi mostrado nos seus detalles perante os socios implicados no proxecto do que abrolla (o proxecto Auto-BIM, enmarcado no programa Retos-Colaboración 2016 e financiado con preto de un millón de euros). O consorcio que impulsa esta tecnoloxía, liderado pola firma Vías y Construciones e coa participación activa do grupo de investigación en Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo, rematará o seu traballo en marzo. A proba piloto, celebrada nun edificio en construción, desenvolveuse con éxito.
Para levar a cabo a experiencia elixiuse un bloque de vivendas en construción na localidade catalá de Badalona e os resultados acadados demostraron que o software deseñado “axuda moito na redución de tempos e na sistematización e mellora do control de calidade de obras de edificación, informatizando o proceso de seguimento da evolución de obra e detección de desviacións respecto ao planeado, o que se traduce na redución de custes, axilización das obras e mellora da calidade”.
O proxecto púxose en marcha co obxectivo de crear e validar unha nova metodoloxía para a adquisición, procesado e xestión de datos espaciais tridimensionais en espazos interiores sen cobertura GNSS, o sistema global de navegación por satélite. Segundo explica Lucía Díaz-Vilariño, investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas, a adquisición de datos feita coa metodoloxía devandita encárgase de realizala un robot móbil autónomo e os resultados obtidos son integrados en modelos de información estandarizados BIM (Building Information Modelling).
Dentro do marco deste proxecto, o grupo de investigación en Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo foi o encargado de deseñar a aplicación que permite a planificación óptima da toma de datos por parte da unidade robotizada nas distintas fases da obra dun edificio en construción.
Pola súa banda, o centro tecnolóxico galego Aimen encargouse de desenvolver o sistema robotizado autónomo; a empresa Aplitop, como entidade experta en tratamento de nubes de puntos, ocupouse do seu filtrado, aliñamento e referenciado; ApliCAD e o grupo de investigación Tidop da Universidade de Salamanca desenvolveron os algoritmos para a extracción semántica e comparación con modelos BIM e o grupo BAC Engineering Consultancy definiu os criterios de calidade da nube de puntos determinando criterios de aceptación e/ou rexeitamento das xeometrías obtidas co sistema robótico autónomo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?