Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 3.000 persoas seguiron en streaming o novo Lucus Intercentros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 3.000 persoas seguiron en streaming o novo Lucus Intercentros

Redacción
Publicado: 21/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion-premios_intercentros.jpgO Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo emitiu en streaming a oitava edición do Concurso Lucus Intercentros, o senlleiro certame de preguntas e respostas no que participan estudantes de primeiro de Bacharelato dos institutos da capital. A cita foi este 18 de xaneiro, dende o IES Muralla Romana de Lugo e foi seguida por máis de 3.000 persoas.
Fixeron acto de presenza (entras outras representantes do eido formativo e institucional lucense) a deputada de Cultura, Pilar García Porto, José Antonio Corredoira Teijeiro, director do IES Muralla Romana, e José Luís Torre Losada, vicedirector do IES Muralla Romana.
O certame constitúe unha iniciativa do alumnado de Administración e Xestión do Muralla Romana, coa colaboración do seu departamento de Informática, do CIFP Politécnico, da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, así como do Centro de Formación Audiovisual de Lugo (CFA).
Como dixemos, máis de 3.000 persoas seguiron por streaming o concurso a través dunha emisión da que se encargaron dez alumnos do Centro de Formación Audiovisual da Deputación, supervisados por un docente e técnicos do Servizo de Audiovisuais.
Durante a próxima semana, agárdase que o vídeo acade as 10.000 visualizacións, e posteriormente os alumnos do CFA editarán un DVD co material gravado neste certame. O obxectivo desta acción é continuar preparando con prácticas reais aos alumnos do centro de cara á súa inserción no mercado laboral. Esta práctica foi posible grazas ao convenio de colaboración entre o CFA e o IES Muralla Romana.
Concurso Lucus Intercentros
Neste certame participaron alumnos de Bacharelato de sete institutos da capital lucense, que competiron respondendo preguntas de cultura xeral propias do seu nivel académico. As cuestións foron elaboradas polos profesores dos distintos departamentos do IES Muralla Romana de Lugo.
A emisión do Lucus Intercentros comezou ás 12:00 horas e rematou unhas dúas horas máis tarde coa entrega de premios aos equipos gañadores. As persoas interesadas en seguir a competición en tempo real puideron facelo a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da Deputación e do seu Facebook, e na web do IES Muralla Romana www.edu.xunta.es/centros/iesmurallaromana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?