Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novas axudas para a dixitalización das PEME galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novas axudas para a dixitalización das PEME galegas

Redacción
Publicado: 21/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dog_igape_axudas.jpgA Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no DOG a concesión de axudas por 2,8 millóns de euros para apoiar a dixitalización de 115 PEME galegas, que mobilizarán investimentos por valor de ao redor de 7 millóns de euros.
Os proxectos apoiados nesta convocatoria do programa de apoios á dixitalización inclúen, entre outros, a posta en marcha dun software específico para franquías do sector da construción, a xestión integral de subcontratas en empresas de mecanizado industrial, ou a mellora da loxística no sector farmacéutico. Esta iniciativa está destinada a facilitar a modernización e mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas a través da interconexión dixital entre empresas vinculadas pola súa actividade.
En total, a liña de apoios á dixitalización, desenvolta ao abeiro da Axenda Industria 4.0, apoiou nas convocatorias publicadas en 2018 un total de 170 empresas con axudas de 3,8 millóns de euros, que mobilizaron investimentos por valor de 9,3 millóns de euros.
Este ano, a través do IGAPE, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, destinará 5 millóns de euros a impulsar iniciativas que xeran proxectos colectivos de dixitalización nas PEME da Comunidade e a apoiar así investimentos nestes ámbitos. Mediante os cursos e axudas ao desenvolvemento dixital, que contan con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), prevese mobilizar máis de 13 millóns de euros.
Así, ata o vindeiro 15 de marzo permanecerán abertas as dúas primeiras convocatorias de 2019 dos programas de desenvolvemento dixital. O instrumento de apoio é dobre: por unha parte, o tecido asociativo galego poderá organizar cursos para a xeración de proxectos de dixitalización realizados colectivamente, que serán financiados ao 100%. Por outra, concederanse axudas a empresas para investimentos no eido dixital, que poderán cubrir ata o 30%, no caso das pequenas compañías, e ata o 20% para as medianas.
No desenvolvemento de solucións ou sistemas de dixitalización terán prioridade proxectos colectivos, é dicir, os que impliquen a un grupo de empresas que colaboren na implantación de sistemas de dixitalización para interactuar entre elas e que, de maneira opcional, poden estar coordinadas por un organismo intermedio. Tamén poden acollerse proxectos individuais de PEME para avanzar na súa propia transformación dixital.
Deste xeito, a Xunta avanza no desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, que impulsa a implantación da industria conectada, a fábrica intelixente, e que reforza o labor que se está a realizar a través dos programas ReAcciona e dos proxectos Industria 4.0, como instrumentos especialmente valorados polas empresas para acelerar a dixitalización do tecido produtivo galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?