Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña fai balance da Oficina de Cooperación Audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña fai balance da Oficina de Cooperación Audiovisual

Redacción
Publicado: 23/01/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20190123_sande_academia_galega_do_audiovisual_001.jpgO concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande, subliñou esta mañá a posición da súa cidade «como referente» na produción audiovisual, que enmarcou no compromiso goberno municipal «por favorecer o desenvolvemento de iniciativas de carácter pioneiro na cidade da man do propio sector», a través de propostas como a creación da Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO).
O edil fixo esta mañá balance dos primeiros meses de actividade da Oficina, posta en marcha no verán de 2018 polo executivo local en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual (AGA), e que naceu como unha rede profesional que ten como obxectivo potenciar o sector a través da colaboración e cooperación entre axentes do sector. A sede física da ACO atópase, ao igual que a da AGA, no centro Ágora, «un equipamento que, dadas as singularidades do espazo, é idóneo para favorecer a acción conxunta coa academia», salientou Sande. A este respecto, o centro da Agra do Orzán acollerá o 7 de febreiro o acto de lectura da lista de finalistas dos premios Mestre Mateo, que se celebrarán o 2 de marzo no Pazo da Ópera. «Cremos que esta é unha colaboración moi frutífera non só para o sector, senón para a propia cidade. As rodaxes e a presenza do audiovisual na Coruña teñen unha especial incidencia no desenvolvemento cultural e artístico, ademais de económico e turístico», apuntou o concelleiro.
O responsable de Culturas subliñou que desde a súa apertura, a Oficina de Cooperación, que ofrece información sobre localizacións, trámites e permisos necesarios de cara a facilitar a realización de rodaxes de proxectos audiovisuais no municipio, atendeu, asesorou e apoiou a un total de 40 proxectos «tanto no seu proceso creativo como en cuestións vinculadas ao financiamento, procura de localizacións para filmar na Coruña ou mesmo no deseño de estratexias de difusión».
Na páxina web da Oficina de Cooperación Audiovisual pódese consultar o Manual de Rodaxe específico do termo municipal, unha base de datos de localizacións ou un directorio de empresas do sector de toda Galicia, entre outras cuestións. De cara ao presente exercicio, ACO abrirá, entre o 1 de febreiro e o 31 de maio, un novo prazo de recepción de proxectos en desenvolvemento (vinculados ao cinema, televisión, narrativas interactivas, transmedia e videoxogos) ou en produción avanzada para o seu asesoramento.
20190123_sande_academia_galega_do_audiovisual_000.jpgO titular da área de Culturas, Deporte e Coñecemento estivo acompañado na rolda polo presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, quen deu a coñecer o programa de actividades que a AGA porá en marcha nas vindeiras semanas coa colaboración do Concello. «O ano pasado este traballo en común deu lugar ata 51 actividades diferentes e a maioría delas tiveron lugar na cidade» aseverou Ares. Para este 2019, a AGA proxecta a realización do obradoiro Cineclube: novos programadores de cinema galego, que nace co obxectivo de favorecer a creación de novos públicos (de entre 12 e 18 anos, ou máis de 55 anos) a través do cinema feito en Galicia. Este taller, impartido por Marcos Nine e Jorge Rivero, desenvolverase no marco do programa de Lecer do Centro Ágora, e as inscricións para o mesmo poderanse formular esta semana, os días 24 e 25.
Ademais deste taller, a AGA prevé organizar na Coruña, co apoio do Concello, o Young Audience Award da Academia Europea de Cinema (EFA). Así, tal e como avanzou Ares, Galicia será, por primeira vez, sede deste galardón, que recoñece as tres mellores películas do ano para o público de entre 12 e 14 anos. Así un xurado conformado por rapazas e rapaces do alumnado de centros de ensino de Galicia, poderán participar, co seu voto, na selección da mellor película europea xuvenil do ano, unha votación que sucederá en 50 cidades de 35 países de xeito simultáneo. A cerimonia de entrega terá lugar o 5 de maio en Erfur (Alemaña).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?