O IES de Teis (Vigo), referente en formación tecnolóxico-dixital, recibiu onte a visita da conselleira de Educación, Carmen Pomar, para coñecer os proxectos educativos que se están levando a cabo no centro e para avaliar as ampliacións feitas no mesmo, que implicaron un investimento de 1,6 millóns de euros por parte do seu departamento.
Pomar, na súa estadía, lembrou que o IES de Teis (que dá acubillo a un milleiro de estudantes) é un significativo e salientable exemplo de calidade na docencia tecnolóxico-dixital, coas súas ensinanzas profesionais de Informática e Comunicacións e de Imaxe Persoal, tanto de grao medio como superior e de FP Básica.
Segundo lembrou, aglutina a práctica totalidade dos ciclos existentes en Galicia nestas dúas familias.
O centro, engadiu Pomar, tamén participa en programas educativos impulsados pola consellería, como a súa incorporación ao proxecto E-dixgal e a súa presenza activa nos Plans Proxecta, nos Contratos-Programa e no Erasmus+. Trala visita ao IES de Teis, a conselleira desprazouse ao CEIP Altamar, onde tivo ocasión de saudar ao equipo directivo, aos docentes e ao alumnado deste centro con 183 matriculados.
O IES de Teis loce calidade docente en materia tecnolóxica
Compartir Este Artigo

