Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo conclúe a nova edición do evento virtual Musapalabra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo conclúe a nova edición do evento virtual Musapalabra

Redacción
Publicado: 28/01/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

presentacion-musapalabra-deputacion.jpgEste luns 28 de xaneiro finalizou o Congreso Musapalabra, unha actividade de debate e divulgación arredor das artes impulsada pola Rede Museística da Deputación de Lugo e coordinado por 79 profesionais procedentes de museos, universidades e entidades de todo o mundo (países como México, Costa Rica, Uruguai, Arxentina, Brasil, España, Italia, Portugal, Andorra ou Siria), amais de artistas a título individual. O congreso, que xuntou 437 persoas inscritas, xirou nesta edición arredor da temática da emigración. Como gran novidade, incluíu un formato especialmente innovador.
Este formato elixido brindou aos asistentes acceso a videoconferencias, un espazo común de clases virtuais e conferencias na rede YouTube. Amais, achegouse aos participantes material complementario e varios foros en directo, que se mantiveron activos por escrito en tempo diferido.
O éxito congreso, que se leva desenvolvendo dende o 14 de decembro de 2018, sentou os alicerces da nova edición, que segundo confirmou a Deputación vai repetir feitura innovadora e, ademais, co engadido extra de fornecer un escenario real e dixital para o debate e a reflexión sobre cuestións de xénero, primeiro virtualmente e, posteriormente, en formato presencial no vindeiro mes de maio.
A coordinación xeral do Congreso Virtual Musapalabra Migración estivo a cargo de Encarna Lago e Silvia Fiallega da Rede Museística, e de Leonardo Casado como membro da Asociación Trabajadores de Museos y el Observatorio de Museos Universitarios de la Universidad Nacional de La Plata e Patricia Torre que pertence a rede de Museos Creativos. Para a realización deste proxecto contouse coa colaboración na secretaría xeral técnica do congreso presencial de Silvia Fiallega, Fernando Arribas e Antonio Reigosa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?