Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, visitou esta mañá no IES Río Cabe de Monforte, a exposición do premio María Josefa Wonenbuger Planells, onde lembrou que a Xunta creou un premio para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaría Xeral da Igualdade.
A titular de Igualdade destacou que a visibilización da actividade desta muller e do seu triunfo é unha combinación gañadora, por iso debese seguir recoñecendo ás mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras. Polo que dende o Goberno galego considerase prioritario incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a enriquecer a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.
A Xunta considera prioritario incrementar a presenza feminina nos ámbitos científicos e tecnolóxicos
Compartir Este Artigo

