Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta ofrece aos empregados públicos 2.000 horas de formación en eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta ofrece aos empregados públicos 2.000 horas de formación en eAdministración

Redacción
Publicado: 29/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teclado_traballando-3.jpgA Xunta pon en marcha este ano una nova edición do Plan para reforzar a formación do empregado público no ámbito da Administración Dixital e da Protección de Datos con preto de 2.000 horas a través de 67 cursos en formato presencial, online e mixto. Esta media enmárcase nas actuacións do Plan de Goberno e Administración Dixital 2020 co que se está a consolidar o proceso de transformación dixital da Administración autonómica, no que traballan a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia para a Modernización de Galicia (AMTEGA). O programa formativo realízase en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública. Respecto da iniciativa do ano pasado, incrementa en máis dun 66% o número de horas, e tamén o número de cursos, ofrecendo un 20% máis que na edición anterior.
Os cursos abordan diferentes aspectos da Administración Dixital tanto vinculados ás novidades introducidas polas lei 39/2015, como os centrados na implantación de novos sistemas da eAdministración (notificacións electrónicas, dixitalización de rexistros…) ademais dos relativos ao novo decreto de protección de datos, con formación específica para os delegados de protección de datos.
A importancia da formación no sector público autonómico reflíctese na futura Lei de Administración Dixital de Galicia, a día de hoxe en tramitación, que contempla un Plan de Capacitación Dixital para garantir aos empregados públicos o acceso á formación necesaria para desempeñar a súas funcións nun contexto dixital e intensificar o uso dos servizos dixitais.
O sistema de indicadores do Plan apunta a un incremento no uso dos servizos dixitais tanto dentro como fóra da Administración. A nivel interno no primeiro semestre de ano 2018 os empregados públicos realizaron 6,4 millóns de consultas á plataforma de interoperabilidade Pasaxe!, un 44% máis que en 2017; máis de 300.000 notificacións electrónicas, case tres veces máis ca no mesmo semestre que en 2017 e asinaron máis de 2,7 millóns de documentos en formato electrónico. Por parte dos cidadáns o pasado ano, por primeira vez, as xestións online coa Xunta superaron as presenciais. realizáronse mais de 470.000 presentacións a través da Sede Electrónica, un incremento do 47%

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?