Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra centrou en FITUR as olladas dos internautas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra centrou en FITUR as olladas dos internautas

Redacción
Publicado: 29/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pontevedradiputacion.jpgEntre as entidades galegas que participou arreo na última edición do salón turístico FITUR, celebrado os días pasados, atopábase a Deputación de Pontevedra. A presenza da institución que preside Carmela Silva no referencial salón turístico estatal foi unha presenza de marcado cariz dixital. O motivo? O lanzamento de Fame de experiencias?, unha iniciativa de promoción moi centrada nas redes, que comezou a súa andaina presentándose en Madrid e que agora inicia o seu percorrido por Galicia, o resto do ámbito estatal e mesmo boa parte do mundo. Segundo fixo saber a titular do Goberno da Deputación, o lanzamento da campaña non só foi un éxito en FITUR, senón tamén nas redes sociais.
Nelas, a retransmisión da presentación en directo de Fame de experiencias foi unha das máis visitadas da historia da Deputación de Pontevedra. Ademais, o vídeo da iniciativa acumula xa un alcance total de 17.000 persoas e o do referente dixital Machbel máis de 2.000 reproducións. En canto a Twitter, os chíos foron vistos 1,2 millóns de veces chegando a preto de medio millón de persoas usuarias. Fame de experiencias está dispoñible en YouTube, cun trailer de seu a xeito de antesala e coa súa versión definitiva en castelán na canle de Turismo Rías Baixas.

Carmela Silva presentando o balance da actividade da Deputación en FITUR
Carmela Silva presentando o balance da actividade da Deputación en FITUR
Xunto á presentación da campaña, a delegación da Deputación de Pontevedra participou no evento FITUR Know How, onde se deu a coñecer, baixo o impulso de SEGITTUR, a Rede Estatal de Destinos Turísticos Intelixentes, da que a institución provincial é entidade promotora. Tamén participou na presentación da plataforma de promoción do Club de Castelos de España, rede da que a Deputación é socia tras terse adherido o pasado ano. Asemade, tomou parte activa en dúas ducias de reunións con touroperadores, medios de comunicación e empresas do sector turístico para dar a coñecer o destino Pontevedra provincia. Por exemplo, con Conde Nast, National Geographic, Muchoviaje, Lastminute, aplicacións móbiles de visitas turísticas, empresas de intelixencia turística, touroperadores de turismo cultural, SEGITTUR, Destinia, Logitravel ou Traveling.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?