Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros educativos de Ferrolterra mergúllanse no uso responsable das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros educativos de Ferrolterra mergúllanse no uso responsable das TIC

Redacción
Publicado: 31/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_desenredate.jpgO Concello de Fene está a realizar obradoiros divulgativos nos centros educativos para fomentar o uso racional responsable das novas tecnoloxías. As actividades, que veñen da man da Concellería de Benestar Social e Igualdade, desenvólvense baixo o epígrafe Desenrédate! Prevención de adiccións e bo uso das TIC. As sesións comezaron este mes de xaneiro e prolongaranse ata febreiro. O programa, amais de Fene, tamén está a abranguer os colexios e institutos de Neda e Mugardos, coa participación activa de cadanseu Goberno local.
Segundo informa o Concello de Fene, os centros educativos acollidos ao programa son o CPI Xunqueira (11 e 18 de xaneiro e 1 de febreiro); CEIP Centieiras (23 de xaneiro e 6 de febreiro); Jorge Juan (24 e 31 de xaneiro); IES Fene (8 de febreiro) e CEIP O Ramo (12 de febreiro).
Como complemento das sesións co alumnado tamén están previstas sesións para as familias naqueles centros escolares nos que exista demanda e se reúna a un grupo superior ás dez persoas.
Segundo informan os impulsores do programa divulgativo común, este ten a súa base na necesidade de difundir o emprego en positivo das novas tecnoloxías da información e de Internet, “instrumentos clave na vida diaria das persoas, das súas relacións sociais, familiares, laborais, educativas, etc”. Porén, é unha realidade que o mal uso destas ferramentas achega unha serie de riscos a ter en conta, sobre todo para a xuventude. “Utilizadas axeitadamente representan unha ferramenta extraordinaria para o desenvolvemento e a comunicación, pero tamén implican riscos que é necesario coñecer e saber previr”, engade a Concellería de Benestar Social de Feme, explicando que “a través destes obradoiros, trátase de informar e formar ao alumnado no uso sensato e responsable das redes”.
Os obradoiros están dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Secundaria e con eles búscase “proporcionar ao alumnado contornas de uso saudable e boas prácticas en TIC; fomentar a identificación, prevención e control dos riscos e situacións de acoso nas redes; a elaboración dunha guía didáctica en soporte dixital dirixida á prevención de adiccións dixital; promover accións informativas e formativas en colaboración coas ANPAS e proporcionar pautas educativas de uso responsable das novas ferramentas”.
Os obradoiros inclúense no programa Saúde na Escola que impulsan os Concellos de Fene, Mugardos e Neda coa colaboración da Consellería de Sanidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?