Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tecnoloxías amplifican a celebración da Festa do Cocido de Lalín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tecnoloxías amplifican a celebración da Festa do Cocido de Lalín

Redacción
Publicado: 01/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

festa_do_cocido.jpgComo vén sendo costume nos últimos anos, a Festa do Cocido de Lalín vaise celebrar tamén nas redes. Segundo vén de informar o Concello, dous elementos veñen de unir forzas para mellorar ao máximo a experiencia festiva de quen se achegue ao longo destes días á vila pontevedresa, co fin de desfrutar da 51 edición da devandita celebración: por unha banda a Festa do Cocido en si mesma, pola outra os Roteiros de Lalín. A isto cómpre engadir un terceiro e un cuarto ingrediente: os móbiles de cada quen e a páxina web feiradococido.lalin.gal, referencial fonte de información útil para visitantes e tamén para a veciñanza.
Estes e outros datos foron dados a coñecer polo tenente de alcalde, Nicolás González Casares, que sinalou que a iniciativa Roteiros de Lalín quere tirar proveito da tempada de cocido para propoñer “unha alternativa de ocio única”, xunguindo a realización dunha andaina coa posterior degustación dun cocido de Lalín. A isto cómpre engadir diferentes recursos dixitais para mellorar a experiencia sendeirista.
Segundo explicou, a idea vai sobre todo dirixida a visitantes, aínda que tamén pode ser desfrutada por veciños e veciñas de Lalín. Deste xeito, proponse elixir unha andaina entre a vintena que compoñen a oferta de Roteiros de Lalín e un restaurante entre os múltiples que ofrecen cocido “co fin de degustar o prato rei da gastronomía galega tras rematar a andaina”, engadiu.
Toda a información sobre os itinerarios pódese atopar e descargar a través do portal web www.roteiros.lalin.gal, de onde se poden extraer os trucks en GPS que servirán aos camiñantes para guiarse na ruta, aínda que, como sinalou o edil, “gran parte delas conta xa con sinalización homologada ou permanente”. Por outra banda, o tenente alcalde lembrou que a información sobre os establecementos que participan no cocido pódese atopar en www.feiradococido.lalin.gal ademais de nos dípticos do Mes do Cocido repartidos por todos os establecementos colaboradores.
Ademais, Roteiros de Lalín tamén ofrece a oportunidade de acollerse á modalidade de rutas guiadas as fins de semana do 9 e 10 de febreiro e do 16 e 17 de febreiro. As persoas que desexen máis datos ou solicitar a compaña dun guía voluntario poden solicitalo a través de viariumdezae@gmail.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?