Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O campus de emprendemento sustentable e innovador da Deputación de Lugo abre prazo de inscrición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O campus de emprendemento sustentable e innovador da Deputación de Lugo abre prazo de inscrición

Redacción
Publicado: 01/02/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

teclado-4.jpgA Deputación de Lugo abriu hoxe o prazo de solicitude para participar nos Campus de Motivación e Maduración Empresarial, pertencentes ao sexto Campus de Emprendemento Sostible, iniciativa da entidade provincial para favorecer a posta en marcha de iniciativas de mercado innovadoras e con capacidade para transformar o rural cara ao sustentable, o tecnolóxico e o xerador de emprego. Ao abeiro dos campus, subminístranse 30 prazas, 15 en cada un dos cursos, que se celebrarán en varias sesións durante o mes de marzo de forma totalmente gratuíta para os asistentes.
A través desta iniciativa o Executivo provincial ofrece gratuitamente a todos os lucenses emprendedores accións formativas teóricas e asesoramento individualizado, con visitas a empresas competitivas e sustentables, co obxectivo de que “poidan poñer en marcha os seus propios establecementos en calquera dos concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño”.
As persoas interesadas poden apuntarse no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal, ofrecéndoselles a posibilidade facelo en calquera dos dous campus. O prazo de inscrición ficará aberto ata cubrir as prazas ofertadas. As clases formativas impartiranse no Centro de Interpretación, situado no Paseo do Río Rato.
Polo que se refire ao Campus de Maduración Empresarial, está dirixido a todas as persoas cunha idea de negocio. Será un curso intensivo de catro días, que combinará sesións teóricas con visitas a empresas e titorías individuais, unha vez rematadas as sesións. En canto á parte teórica, traballarase a maduración da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por exemplo, a súa viabilidade comercial, técnica e legal a través da metodoloxía Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos prácticos ou a viabilidade económico-financeira a 5 anos.
No que atinxe ao Campus de Motivación, encamíñase sobre todo a profesorado de centros educativos localizados na Reserva da Biosfera Terras do Miño, co fin de que imparta materias relacionadas co mundo da empresa, tales como economía, empresa e iniciativa emprendedora ou formación e orientación laboral. As sesións, que serán intensivas, están destinadas a ofrecer contidos, recursos e ferramentas sobre emprendemento para traballar co alumnado nas aulas.
26 empresas xeradas
As cinco anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron polo de agora, un total de 26 novas empresas na provincia e, en consecuencia, “a creación novos postos de traballo no conxunto do territorio lugués”, segundo lembra a Deputación. Entre as empresas creadas hai unha presenza notable das novas tecnoloxías, tanto nos produtos ou servizos a subministrar como na materia prima empregada polas propias empresa beneficiarias no seu día a día (comunicación, xestión, distribución).
Estas son as empresas: Pitas das Chas (Becerreá); D´Abella (Baleira); Terraminimum (Lugo); DulceMenta (Lugo); A Leira (Burela); A horta da Sancoveiga (Vilalba); Esther Fernández Díaz (Ancares); Nenea, medrar creando (Lugo); Avogar (Lugo); Bico de Grao (Lugo); PK3 Ingenieros (Lugo); Marmeladas Acea de Olga (Lugo); WiseKid Summer Camp (Lugo); Mel Casa Príncipe (Cervantes); Explotación Extensiva de Gando Vacún (Sarria); Abadía (Mondoñedo); Bufarda Arquitectura (Monterroso); Esmorga Eventos (Mondoñedo); Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós (Outeiro de Rei); M3 Aguas (Lugo): ingeniería ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas (Becerreá); Dukaree Artesanía de la Calabaza (O Corgo); Centro Shalom (Lugo); Caserío Meiroi (Navia de Suarna); Elexes, más que electricidad (Lugo); Hotel Os Ancares (Becerreá).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?