Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e o Clúster TIC colaboran na creación dun polo industrial TIC que favoreza a transformación dixital da economía galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e o Clúster TIC colaboran na creación dun polo industrial TIC que favoreza a transformación dixital da economía galega

Redacción
Publicado: 04/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20190204_cluster_tic_02.jpgO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, mantiveron hoxe un novo encontro de traballo con representantes do sector das TIC, encabezados polo presidente do Clúster galego, Antonio Rodríguez del Corral, para continuar avanzando no desenvolvemento dun polo industrial das tecnoloxías da información e a comunicación que acelere a transformación dixital da economía galega.
Tal e como se lembrou na reunión, esta iniciativa pode configurarse como unha oportunidade para avanzar na xeración dunha economía máis competitiva, desde o punto de vista da innovación, dos procesos e dos produtos. Os obxectivos que se perseguen coa a creación deste polo son dar resposta ás demandas do tecido industrial e de coñecemento no sector; activar proxectos de I+D vertebradores, e atraer novos investimentos a Galicia; situando a Comunidade como un referente na innovación TIC a nivel internacional.
O sector das tecnoloxías da información e a comunicación en Galicia está composto por máis de 22.000 traballadores, máis de 3.400 empresas e supón un 2,1% do produto interior bruto da Comunidade. Ademais, conta co apoio de cinco centros tecnolóxicos. A área metropolitana da Coruña concentra arredor da metade da facturación do sector, e máis do 40% do emprego TIC de Galicia, polo que se configura como a zona idónea para a localización do novo polo industrial.
20190204_cluster_tic_01.jpgDurante o encontro, defendeuse a necesidade de concretar o proxecto, tanto con respecto aos contidos necesarios para que sexa un verdadeiro revulsivo; como con respecto a que debe ser desenvolvido da man do conxunto da industria TIC, dous requisitos previos indispensables antes de decidir a localización precisa do polo industrial das TIC na Coruña.
Así, na reunión concretáronse tres ámbitos de traballo para centrar o proxecto: a identificación de novas oportunidades en materia de talento, un eido no que colaborarán tanto a Consellería de Economía, Emprego e Industria como a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a AMTEGA; desde o punto de vista dos espazos, a definición dunha proposta estruturada e ordenada das necesidades do sector; e traballar sobre o mapa de capacidades instaladas, a través das infraestruturas colaborativas (fab labs) ou outros elementos para responder ás necesidades do sector.
O apoio a esta iniciativa enmárcase no compromiso da Xunta co sistema galego de I+D+i, con cuxa colaboración se puxeron en marcha a Estratexia de Internacionalización Intelixente (RIS3), o Plan Galicia Innova 2020 e a Axenda Industria 4.0. Nestas follas de ruta a transformación dixital da industria galega se configura como un obxectivo transversal no que o sector TIC se converte nun aliado estratéxico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?