Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e as nosas empresas TIC lanzan novas actividades divulgativas ao abeiro de DigiTalent
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e as nosas empresas TIC lanzan novas actividades divulgativas ao abeiro de DigiTalent

Redacción
Publicado: 04/02/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

iecisa-digitalent.jpgEstes días pasados houbo novidades ao abeiro do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, destinado, como o seu nome indica, a espertar a impulsar as altas capacidades tecnolóxicas que toda a xente nova leva dentro. En concreto, trátase da posta en marcha de cinco novas actividades de formación e divulgación. O plan, como lembraremos, vén da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración coas empresas do sector tecnolóxico.
A semana pasada a AMTEBA abriu o prazo de inscricións da segunda edición programa Tecnólogo por un día, que permitirá a nenas e nenos de 12 a 17 anos experimentar en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais.
Ademais, está en marcha GenTech, da compañía dixital Altia, con 20 sesións dixitais aos centros educativos para achegar ao alumnado de Bacharelato presentacións de profesionais TIC que lles trasladarán a súa experiencia desde unha perspectiva real, práctica e inspiradora co obxectivo de potenciar o seu xene tecnolóxico.
Por outra banda, urante este mes de febreiro a tamén empresa galega Televés iniciará a ruta Acerca-T, poñendo en circulación unha unidade móbil equipada con material de telecomunicacións e robots deseñados e fabricados pola empresa coa que visitará catro centros educativos das catro provincias galegas. Segundo lembra AMTEGA, esta unidade tamén terá presenza nas oficinas centrais de Televés, que servirán como “emprazamento accesible” para toda a rapazada da área de influencia, ofrecendo un total de 100 prazas nesta edición e tamén terán oportunidade de visitar a fábrica da empresa en Santiago de Compostela.
Como lembraremos, Acerca-T é unha iniciativa orientada a alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato, en quendas con capacidade de ata 10 persoas nas que poderán participar estudantes de centros educativos distintos dentro do radio de acción da unidade móbil sempre que haxa prazas dispoñibles. As localizacións, datas e instrucións para participar nesta actividade poden consultarse no espazo web de DigiTalent.
A maiores das actividades devanditas, está en activo arestora a iniciativa DixiXogo, liderada pola empresa IECISA, ofrecendo a nenos e nenas de 6 a 14 anos a posibilidade de aprender e adquirir habilidades dixitais a través do xogo con diferentes obradoiros de distintos niveis de dificultade, desde os máis básicos con Lego WeDo ata os máis avanzados con MindStoms e Robobo.
Estas actividades terán lugar no centro de innovación La Molinera de Ourense e nas instalacións do Corte Inglés de Vigo, A Coruña (Marineda City) e C.C. Santiago de Compostela; ademais estes dous últimos centros contarán cun espazo Lego permanente de robótica educativa. Os 5 talleres planificados ata o de agora ofrecerán un total de 75 prazas. Todos os detalles dos talleres, localizacións e instrucións para participar estarán ao noso dispor na web https://www.iecisa.com/es/DigiTalent.
Por outra banda, as empresas SIVSA Solucións Informáticas e Coremain poñen en marcha FUTURELAB+FUNCODE e O Core das TIC, respectivamente, unha serie de obradoiros a desenvolver nas instalacións destas empresas nos que se realizarán actividades prácticas experimentando os procesos de creación e desenvolvemento de solucións tecnolóxicas. Os participantes da actividade de SIVSA poderán achegarse a proxectos relacionados co coche conectado ou a programación e os que se decanten por O Core das TIC coñecerán de preto iniciativas relacionadas co ámbito das telecomunicacións. Estes talleres ofrecen 60 prazas para estudantes de entre 12 e 17 anos e celebraranse desde marzo ata finais de curso. O prazo de inscrición está aberto desde o 1 de febreiro a través dos formularios dispoñibles nos seguintes espazos web: https://www.sivsa.com/site/digitalent/ e http://www.coremain.com/core-tic/.
Amais de todo o devandito, DXC Technology impulsa DXC Codes, unha competición internacional de programación de xogos en linguaxe Scratch para nenos de 10 a 14 anos, cuxa primeira fase local será organizada pola delegación de DXC Technology en Santiago de Compostela para a rapazada de toda Galicia. Está previsto que durante este mes de febreiro se publiquen os retos de programación, que son definidos a nivel global, e se abra o prazo de inscricións para os interesados en participar no concurso.
Para quen queira máis información, o catálogo de actuacións DigiTalent está visitable na web, en constante actualización, para ofrecer todas as novidades e os detalles de todas as actividades así como as instrucións para participar nas mesmas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?