Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA integra outras 80 bibliotecas públicas no sistema único de xestión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA integra outras 80 bibliotecas públicas no sistema único de xestión

Redacción
Publicado: 05/02/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bibliotecas.jpgAs novas tecnoloxías e, polo tanto, as máximas facilidades e comodidades para a comunidade lectora e, tamén, para o persoal de xestión, investigación e atención, avanzan nas nosas bibliotecas. Segundo confirmou hoxe a axencia autonómica AMTEGA, un total de 80 bibliotecas municipais disporán ao longo deste ano do sistema integrado de xestión, un software libre de código aberto que está a permitir a integración de todos estes centros de lectura e coñecemento (centros públicos) nunha contorna unificada, tanto para o traballo dos técnicos das bibliotecas como para a consulta dos catálogos das bibliotecas de Galicia por parte de calquera usuario.
Segundo engade a axencia, a día de hoxe xa son 110 as bibliotecas que dispoñen deste sistema de xestión, que se comezou a implantar en 2016 e que ao remate do ano terá incorporado preto de 200 bibliotecas e axencias de lectura públicas.
Entre outras vantaxes, o novo sistema de xestión bibliotecaria permite mellorar o servizo para os usuarios de cada biblioteca e da Rede en xeral tras a creación dun catálogo único, accesible a través da web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal. Isto permite que as lectoras e lectores teñan ao seu dispor, cun cartón único, os servizos de todas as salas públicas integradas e a posibilidade de facer xestións en liña como a solicitude do propio carné, reservas, renovacións, etc, así como xestionar a petición de libros a través da plataforma GaliciaLe, o sistema de préstamo de libro electrónico.
A axencia explica que “con este sistema tamén se logra homoxeneizar e simplificar a catalogación das coleccións e, en definitiva, camíñase cara ao funcionamento común dos centros integrados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, así como cara á mellora do servizo para os usuarios”.
Xa nun plano máis xenérico, AMTEGA sinala que a integración no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia supón “impulsar un sistema bibliotecario máis desenvolvido e moderno, que permite que a cidadanía poida acceder aos servizos de todas as bibliotecas públicas da rede, que mellora a visibilidade dos fondos dos centros, e que favorece unha xestión máis eficiente dos recursos dispoñibles grazas á integración de datos”.
Os traballos de integración teñen a súa orixe en 2016 coa incorporación ao catálogo colectivo un total de 43 bibliotecas, durante 2017, avanzouse na segunda fase, que se completou en xaneiro de 2018 coa integración dun total de 70 bibliotecas e axencias de lectura municipais. Agora comeza una terceira fase que contempla a incorporación doutras 80 bibliotecas públicas municipais. Trátase dun proceso de incorporación progresiva das preto de 370 bibliotecas que conforman a rede e que abordará tamén a integración das bibliotecas dos centros públicos escolares.
Esta actuación enmárcase no proceso de dixitalización da rede pública de bibliotecas que conta cun investimento preto de 2 millóns de euros no período 2016-2020, co-financiados con fondos FEDER, para “o desenvolvemento e implantación do sistema, a dotación de equipamento tecnolóxico e ampliación dos servizos aos usuarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?