Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA achega tecnoloxía para un proxecto do INIA que favorece a adaptación dos bosques ao cambio climático
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA achega tecnoloxía para un proxecto do INIA que favorece a adaptación dos bosques ao cambio climático

Redacción
Publicado: 05/02/2019
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

3-fenotipado.jpgPoden cousas como a supercomputación, o cálculo de alto rendemento e os computadores avanzados combater a destrución do noso medio natural, achegando claves para reverter o proceso? A resposta, xa o dixemos máis veces, é positiva, e os resultados, neste senso, non son novos nin illados. O Centro de Investigación Forestal (CIFOR) do Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria (INIA) vén de mostrar os detalles dunha iniciativa que mitiga os dramáticos cambios que está a sufrir o sur da Península por mor do cambio climático. Na iniciativa bótase man dos recursos do Centro de Supercomputación de Galicia.
En Andalucía constatouse a desaparición de bosques enteiros. O cambio climático provoca a perda de superficie arbórea e os incendios complican a recuperación de áreas forestais. Un equipo do Centro de Investigación Forestal (CIFOR), con sede en Madrid, creou unha técnica para a adaptación xenética das especies aos cambios ambientais. Baséase no seguinte: só as máis resistentes á seca lograrán sobrevivir. A ferramenta estatística, elaborada cos recursos proporcionados polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), mide a selección natural que está a actuar sobre as poboacións das especies. O novo método permite establecer un ranking das máis ameazadas.
2-pinus-sylvestris.jpg As árbores están sometidas a uns niveis de estrés hídrico que non padecían dende hai moito tempo. A falta de choivas e o aumento das temperaturas poñen en risco a supervivencia dalgunhas poboacións de especies forestais. De feito, en Andalucía, e en moitas outras rexións do planeta, desapareceron bosques enteiros. O científico estadounidense Craig Allen advertiu xa no 2008 de que o cambio climático está a provocar a perda progresiva de grandes superficies arbóreas, causando a morte de millóns de hectáreas verdes en distintas partes do mundo.
Serán as especies forestais capaces de adaptarse ás novas condicións ambientais? É unha das preguntas clave dos últimos tempos para a comunidade científica.
Cando nacen novas plantas nunha superficie, máis do 90% morre durante o primeiro ano. A seca é o principal motivo desta elevada mortalidade en especies coma o piñeiro. Só os xenotipos con maior capacidade de adaptación á falta de auga sobrevivirán. A caracterización dos recursos xenéticos é básica tamén para analizar a rexeneración das áreas forestais tras un incendio. Pero, os cambios evolutivos serán o suficientemente rápidos para que as especies se adapten ao medio?
6-ensaiotoleranciasequoa.jpgSegredos xenéticos
Á vista de todo isto, os científicos precisan con urxencia detectar rexións do xenoma das especies con tolerancia á seca. Os marcadores moleculares obtidos dalgunhas especies coma o pino poderán usarse para caracterizar outras poboacións de Europa resistentes a baixas cantidades de auga, de maneira que será posible prever de forma científica se sobrevivirán aos cambios ambientais. O Departamento de Ecología y Genética Forestal do Centro de Investigación Forestal (CIFOR) do Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria (INIA) púxose mans á obra.
O proceso de estudo levado a cabo polo grupo de xenética de poboacións e evolución (GPE) do CIFOR, con cinco investigadores titulares, non é sinxelo e implica o manexo dunha grande cantidade de datos, así como a creación de métodos estatísticos ata agora inexistentes.
A investigación require, en primeiro lugar, a recollida de mostras in situ. “Centrámonos no estudo do pino. Recollemos mostras de plantiñas acabadas de xerminar. Volvemos ao mesmo lugar catro meses despois e tomamos outras mostras e, uns meses máis tarde, coas plantas que seguían no lugar realizamos a terceira toma. En total foron unhas 300 mostras. Xa no laboratorio, extraemos o ADN e xenotipámolas con 384 marcadores moleculares”, explica o coordinador do proxecto de investigación, Juan José Robledo.
Para detectar rexións do xenoma asociadas a procesos de selección natural que operan en fases temperás da rexeneración natural das masas forestais, o grupo desenvolveu un novo método de inferencia bayesiana. O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) achégalle a capacidade necesaria para o tratamento de tal cantidade de datos.
8-xenotipado.jpgMétodos con supercomputación
“O testado destes métodos ten uns requirimentos moi altos en termos de tempo de computación. Grazas aos servidores do CESGA estas análises numéricas puideron realizarse nunhas poucas semanas, mentres que terían precisado varios anos de cálculo nun ordenador normal”, conta Robledo.
Pero, para que sirve este método? Para atopar trazas de selección natural nas mostras das especies, segundo Robledo. Na mortalidade poden influír outros factores alleos á xenética das plantas, como unha praga, ou que outros animais as devoren, por exemplo. Son os chamados procesos estocásticos da mortalidade. “Máis alá destes factores externos que non dependen da especie en si mesma, este método permítenos saber, con moita precisión, se hai unha selección natural”, expresa o investigador. En definitiva, a detección de xenotipos que sobreviven mellor que outros.
Para a posta a punto e testado deste particular método, o grupo tivo que realizar unha chea de simulacións ficticias de distintas poboacións forestais, manexando unha cantidade inxente de información. “É o xeito de asegurármonos de que non hai lugar a estimacións erróneas, sen risco de falsos positivos”, comenta Robledo. Neste cruce de datos foi crucial a capacidade achegada polo CESGA: o grupo utilizou 250.000 horas de cálculo para culminar a ferramenta estatística.
Mapas de vulnerabilidade
Coas mostras reais de piñeiro recollidas en Fuencaliente (Ciudad Real), e utilizando o novo método, o grupo é quen de obter marcadores moleculares de diagnóstico que serven para elaborar mapas da vulnerabilidade desta especie á seca.
O equipo xa detectou cinco marcadores sometidos a un proceso de selección natural, é dicir, que inciden na probabilidade de supervivencia do piñeiro en condicións adversas. Eses marcadores xenéticos son a proba de que existe variación xenética adaptativa entre individuos e entre distintas poboacións.
Con esta información, a comunidade científica conta cunha ferramenta estatística para realizar un ranking das poboacións que se van ver máis ameazadas en condicións de falta de auga. “Se se teñen en conta outros indicadores ligados ás condicións ambientais de cada área pódese definir a supervivencia de especies forestais por zonas xeográficas”, conclúe o investigador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?