Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición do Inicia Coworking de Lugo xa voa alto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición do Inicia Coworking de Lugo xa voa alto

Redacción
Publicado: 07/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_inicia_coworking.jpgO Concello de Lugo inaugurou esta semana a cuarta e última edición do seu programa de traballo colaborativo, innovador e participativo. Estamos a falar do Inicia Coworking, que achega recursos, xa, a 26 persoas emprendedoras con cadanseu proxecto empresarial e innovador en fase de despegue. A iniciativa, impulsada tamén pola Escola de Organización Industrial (EOI) e con co-financiamento do Fondo Social Europeo, desenvólvese no CEI-Nodus.
O obxectivo é fornecer aos participantes (individualmente e de balde) formación, capacitación e acompañamento para a materialización definitiva das súas ideas de mercado. Asemade, unha das principais liñas de actividade do programa é subministrar adestramento tecnolóxico.
Segundo explica o Concello, a nova edición do Inicia Coworking de Lugo ten os mellores precedentes: está avalado polas tres edicións anteriores, nas que o 70% dos 58 emprendedores e emprendedoras beneficiados polo programa teñen a día de hoxe o seu negocio en marcha e facturando. O Goberno local tamén salienta a vontade do programa de romper barreiras de igualdade, xa que máis da metade destas empresas foron impulsadas por mulleres.
A cuarta edición celebrarase ata ata xuño. Arrincou co obradoiro sobre metodoloxía Lean Startup, impartido por Ana López. Os 22 proxectos emprendedores están relacionados coas seguintes temáticas: barbería, spa e tatuaxes, tecnoloxías online sobre gastronomía e turismo de Lugo, deseño de proxectos arquitectónicos para espazos educativos, análises de biomateriais, realización de xestións, recuperación de espazos naturais para fins museísticos, ferramentas TIC para control de stocks, personalización de prendas de vestir, educación innovadora para escolas infantís, consultoría, hixiene bucodental, roupa infantil de deseño, palés de madeira personalizados, xogos de artes inspirados no Camiño de Santiago, xogos con lectores, distribución de produtos ecolóxicos para limpeza, restauración de pezas, deseño sobre cerámica, barbería e estética, cerrallería, preparación de comidas ou SEO (posicionamento) en redes sociais.
O de Lugo é un dos máis de medio cento de espazos de coworking que a EOI ten en España para emprender, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento dos mellores proxectos empresariais presentados. Conta cun orzamento de 800.000€, co-financiados polo Concello e a Escola de Organización Industrial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?