Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas en comunicación e turismo mergúllanse no Camiño Norte ao seu paso por Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas en comunicación e turismo mergúllanse no Camiño Norte ao seu paso por Lugo

Redacción
Publicado: 07/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_famtrip.jpgOs expertos en turismo do ámbito estatal e internacional están a coñecer estes días o Camiño Norte de Santiago, da man da Deputación e da súa iniciativa-itinerario Famtrip unha viaxe de irmandade polas terras lucenses destinada entre outras cousas a facer comunidade dixital arredor das mesmas. Na andaina participan ata pasadomañá un total de 16 expertos en turismo: influencers, comunicadores e representantes de axencias especializadas.
O obxectivo da experiencia é facerlles vivir o Camiño Norte e que coñezan ao detalle o seu potencial, “co fin de dinamizar turisticamente a contorna de cara ao próximo Xacobeo 2021 e convertela nunha alternativa idónea ao masificado camiño Francés”, sinala a Deputación.
depu_lugo_famtrip_2.jpgNa andaina participa o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, quen xa realizou parte do itinerario xunto aos expertos, salientando que “este Famtrip ou viaxe de familiarización por terras lucenses do Camiño do Norte é o mellor escaparate para impulsar este importante produto turístico que atravesa a nosa provincia”. Tamén puxo o foco na importancia de “vivir a experiencia en primeira persoa”, unha das razóns de ser do Famtrip e que repercute positivamente, engadiu, nun mellor coñecemento da zona por parte das axencias de viaxes, o que achegará o destino a viaxeiros e turistas de todo o mundo. Amais, dixo, “os xornalistas especializados en viaxes difundirán nas súas reportaxes, con maior detalle, todos os encantos e recursos naturais, histórico-culturais e gastronómicos do Camiño do Norte ao seu paso pola nosa provincia”.
Vidal tamén salientou a importancia do percorrido en si mesmo: “O Camiño do Norte consolidouse no terceiro posto dos camiños, por detrás do Camiño Francés e do Camiño Portugués; e en 10 anos foi quen de triplicar o número de peregrinos sendo escollido por case 20.000 camiñantes na súa viaxe a Compostela”.
En total son 16 representantes de axencias especializadas no Camiño de Santiago e xornalistas viaxeiros os que asisten a este Famtrip que organiza a Deputación de Lugo. A participación internacional vén representada por: Go Camino de Bélxica, MAE Peregrina Tours de Portugal; Ponte Atlántica Produçao de Brasil, Traveller 24.com de Sudáfrica, Walk the Camino e Corazón Travel de Inglaterra. Como representantes nacionais participan Revista Otros Destinos, Viajar, Correos, La Razón, Go Travel e Spain is More.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?